CLUB DE LECTURA

jueves, 25 de octubre de 2018

Preparando o Samaín

Chega o tempo do Samaín, os días son máis curtos, arrefría, estamos máis tempo na casa...


 Xa tedes escollida a cabaza para facer unha caveira arrepiante???

Ollade como se fai!


Estades  a face un colar de zonchos para o Día de Todos os Santos? Logo na rúa podedes convidar dicindo:


"Teño un colar
 cheiño de zonchos,
douche un, 
que teño moitos"


Xa sabedes que o martes achegaredes a vosa caveira á escola para facer  unha exposición terrorífica, que meta medo ata os máis bravos dos eumeses descendentes do Pobo Celta.

O mércores  leremos á luz das caveiras acesas ou das lanternas. Despois quedarán na entrada da escola para meter medo á xente que pase polo peirao.


Miradeo que vos propón Güino!




Tamén o Equipo da Biblioteca preparou unha exposición de CONTOS DE MEDO!!!


Collede un para ler no TEMPO DE SAMAÍN.







Premendo na imaxe inferior poderedes lembrar os "Contos de Medo" que fixeron o curso pasado os neneos e nenas maiores da escola.
Que ben o fixeron!
Animámosnos este ano ???



Aquí vos deixamos tamén o cartel do Samaín da nosa vila. Poderemos ir???


A pasalo ben!! Feliz Samaín!!

lunes, 22 de octubre de 2018

Día da Biblioteca




Desde outubro de 2008, a Consellería de Educación edita un cartel específico para celebrar este Día da Biblioteca tamén nas Bibliotecas Escolares, cun lema para dar a coñecer e difundir as múltiples oportunidades que ofrece unha biblioteca escolar activa, e que este ano foi interpretado pola ilustradora Nuria Díaz. 

A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico (eses escutoides descoñecidos até agora), nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima...


Preme e lembra os carteis anteriores
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.

Nós cada ano na primavera enchemos aulas, corredores, festivais...coas poesías máis diversas que nos  saen do  maxín. E no Día das Letras Galegas lemos aquelas máis representativas de todas as que floreceron ao calor da primavera.

Para ir abrendo boca deixámosvos un libriño que pódevos acompañar nas aulas, fai referencia a grandes libros de poesía galega que podedes atopar nos andeis do "Xardín do pasatempo"







Preme na imaxe





























O 24 de outubro na nosa biblioteca xa é tradición que os "Axudantes de Güino" acheguen a todas as aulas as "Maletas de Güino" como agasallo desta conmemoración.



As maletas inclúen contos, libros informativos, revistas...axeitados para cada idade.

Ao longo do curso cada clase intercambiará a súa maleta coas aulas do seu ciclo, así poderán ter ocasión de coñecer e gozar con ata catro das "Maletas de Güino" que o Equipo da Biblioteca estivo elaborando estes días.





Feliz Dïa da Biblioteca a tod@s!

viernes, 19 de octubre de 2018

Visitamos a exposición "Cóctel de Libros"

Ao longo desta semana as nenas e nenos do cole visitaron o "CÓCTEL DE LIBROS" que Güino lles tiña preparado.




 Agora só lles falta ir ao "Xardín do Pastempo" para levar ás aulas aqueles fondos que sexan máis axeitados ao traballo que están a desenvolver dentro do proxecto ou os que lles apetezan para o seu tempo de lecer.

 Nesta montaxe podedes ver a visita á exposición.


 

miércoles, 17 de octubre de 2018

Día Mundial da Alimentación

Dentro do proxecto deste curso Bo Proveito! non podiamos deixar pasar esta data sen facer unha actuación na escola.

A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) fundada en 1945 para unir a todas as nacións na loita contra a fame, festexa os seus aniversarios o 16 de outubro, celebrándoo en todo o mundo a través do Día Mundial da Alimentación. Hoxe, máis de 130 países únense para honrar o seu obxectivo común: un mundo libre de fame e pobreza, no que todos poidan levar vidas saudables



O lema deste ano é "Un futuro#fame0"


Aqui tedes un caderniño para descubrir como nós tamén podemos axudar a conseguir ese gran reto que encerra o lema deste ano mentres procuramos un desenvolvemento sostible e unha seguridade alimentaria.

Preme na imaxe



Ollade o video promocional da FAO




 Güino este curso aproveitou tamén esta data para expoñer na entrada do noso cole un "Cóctel de Libros" que nos acompañaran este curso nas nosas pescudas arredor do PDI: información, poesía, cantigas,  contos...
Un menú equilibrado e saudable é a recomendación do noso "chef"



Visitade o "Cóctel de Libros" e elexide os vosos pratos, a semana que vén xa os podedes levar da biblioteca.








                                                             









 Agradecemos a colaboración do IES "Fraga do Eume" na preparación deste 
"Cóctel de Libros"









domingo, 14 de octubre de 2018

Viaxan as Mochilas


A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos.

Nenas e nenos son os embaixadores da biblioteca nas súas casas e comparten cos seus, grandes e pequenos, os libros, as revistas, a música cos que a mochila vai cargada.
 As familias poden realizar suxestións ou contar a experiencia de lectura compartida no caderno que achegamos en cada mochila.

O equipo do "Xardín do Pasatempo" escolleu os libros máis novidosos, aqueles que coidamos poden mellor acompañar o lecer das familias que len xuntas. Libros con música, de produción propia, de realidade aumentada... Libros en galego, mais tamén en castelán, francés e inglés.



 A experiencia é positiva ano tras ano, pero o éxito ten un par de claves:


  •  Boa selección de contidos.
  • Nada de imposicións. En materia de lectura, o encantamento dá mellores resultados.

Nesta montaxe podedes ver o primeiro día desta actividade, cando se presentan e reparten ao afortunado ou afortunada que leva a mochila a primeira semana. 


miércoles, 10 de octubre de 2018

En marcha!!!

Xa temos a biblioteca funcionando a tope:

Cada grupo accedeu por primeira vez para coñecer as novidades deste curso e lembrar as normas de outros anos:


  • Houbo cambios na sección de audiovisuais.

  • Temos un novo revisteiro, máis amplo o que permite unha mellor estruturación e visión de xornais e revistas.


                                     
  • A sección de Publicacións Propias tamén ampliou o seu espacio.


  • E por último, xa temos "marcasitios", utilizaranse durante o tempo de recreo, para entre tod@s facilitar o traballo dos "Axudantes de Güino" e que a nosa biblioteca permaneza o máis ordenada posible.






O alumnado de 5º de Primaria formou 5 grupos de voluntariado para cada día axudar a Güino na labor de mantenimento e dinamización do "Xardín de Pasatempo". Aquí os tedes o primeiro día posando cos seus petos logo de dúas sesións nas quecoñeceron as tarefas que terán que realizar ao longo do curso.

 Eles e elas son os "Axudantes de Güino"










 . Cada día en grupos de 7 ou 8 nenos e nenas mirarán logo do recreo polo coidado da nosa biblioteca.







Outros días axudarán a Güino a repartir mochilas, achegar maletas, presentar diferentes actos da biblioteca...

Moito ánimo para tod@s e grazas pola vosa colaboración!