O alumnado de 5º e 6º de Primaria realizou unha actividade de iniciación á poesía dirixida por José Luis Graña. A rapazada maior do cole gozou de dúas sesións cada curso, o luns e martes desta semana e da pasada.
José Luís Graña Muíño foi profesor de Lingua Galega e Literatura durante moitos anos, tempo no que se amosou especialmente activo co alumnado, dirixindo e coordinando diferentes actividades relacionadas coas artes escénicas: contacontos, recitais poéticos, monólogos, representacións teatrais...
Ademais, escribiu varios libros de diferentes xéneros literarios. Ten tres publicados: "Cerdido: lingua e outras realidades", "Converxencia na cor vermella e " Itinerario do botellón".
Na actualidade, xubilado como profesional do ensino, segue máis implicado ca nunca no labor de escribir. Agora mesmo está intentando publicar un libro de relatos curtos e outro de poesía.
No obradoiro fixeron xogos para aprender cal era o "sal" e a "esencia" dun poema; lemos de distintas formas poemas, descubrimos cales eran os autores e autoras das obras traballadas..... e moitas cousas máis.
O mellor chegou ao final. Despois de ensinarnos algúns truquiños para poder empezar a escribir poesía, puxémonos ao choio e fixemos unhas poesías ben fermosas e divertidas, con temáticas moi variadas.
Que ben o pasaron e canto aprenderon! Grazas José Luis!
No hay comentarios:
Publicar un comentario