CLUB DE LECTURA

domingo, 29 de abril de 2018

Lecturas compartidas

Cada xoves o alumnado voluntario de 5º e 6º de Primaria vai ler contos ás aulas de E. Infantil e 1º de Primaria.
Coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole o alumnado elixe e prepara o libro que vai ler a seguinte semana.
Os maiores encantados desenvolven mil estratexias que engaiolarán aos pequenos: Preparan o texto, apóianse en debuxos, monicreques artesáns, teatriños...

















Nesta foto montaxe veredes máis momentos desta actividade.

Visitamos a Biblioteca Municipal

Como cada ano, e xa van moitos, participamos nas actividades de Animación a Lectura deseñadas pola Biblioteca Municipal Ramiro Fonte.
Alejandro Caínzos, o bibliotecario de Pontedeume, a partires da presentación dun conto con materiais audiovisuais convida á rapazada eumesa a achegarse á biblioteca acotío, explícalles normas, horarios, préstamos...E os nenos e nenas pasan un tempo agradable e quedan con gañas de volver.










Este ano Alejandro acudíu a un clásico da literatura infantil galega CHUCHO CACHO de Darío Xohán Cabana.



Esta é a historia dun Ourizo chamado Chucho Cacho e se te metes con el convértese nunha pelota de espiñas. Ademais, gústanlle moito os insectos e os caracois, pero moito, moito máis o leite, as lambetadas e durmir polo día.

E este é o autor: Darío Xohán Cabana.
Preme na imaxe para obter información do autor.


Bonita historia, grazas Alejandro!

miércoles, 18 de abril de 2018

"Alén do mar" embarca nun buque oceanográfico.

 O alumnado de 5º de Primaria no Ramón Margalef 

Por fin chegou o día, hoxe foron de excursión a visitar o barco oceanográfico Ramón Margalef, que está durante tres días no porto da Coruña, dentro dos actos conmemorativos do 50 aniversario do Centro Oceanográfico.
 Realizaron unha visita guiada polas distintas dependencias do buque (acústica, laboratorio húmido, laboratorio seco, cuberta e ponte) onde o propio persoal da tripulación e técnicos do Centro Oceanográfico explicáronlles todo sobre os métodos de traballo e formas de funcionamento dos aparellos de mostraxe. Foi unha visita moi interesante na que aprenderon moitísimas cousas.


  

Obradoiro de poesía

O alumnado de 5º e 6º de Primaria realizou unha actividade de iniciación á poesía dirixida por José Luis Graña. A rapazada maior do cole gozou de dúas sesións cada curso, o luns e martes desta semana e da pasada.

José Luís Graña Muíño foi profesor de Lingua Galega e Literatura durante moitos anos, tempo no que se amosou especialmente activo co alumnado, dirixindo e coordinando diferentes actividades relacionadas coas artes escénicas: contacontos, recitais poéticos, monólogos, representacións teatrais...
Ademais, escribiu varios libros de diferentes xéneros literarios. Ten tres publicados: "Cerdido: lingua e outras realidades", "Converxencia na cor vermella e " Itinerario do botellón".
Na actualidade, xubilado como profesional do ensino, segue máis implicado ca nunca no labor de escribir. Agora mesmo está intentando publicar un libro de relatos curtos e outro de poesía.

No obradoiro fixeron xogos para aprender cal era o "sal" e a "esencia" dun poema; lemos de distintas formas poemas, descubrimos cales eran os autores e autoras das obras traballadas..... e moitas cousas máis. 
O mellor chegou ao final. Despois de ensinarnos algúns truquiños para poder empezar a escribir poesía, puxémonos ao choio e fixemos unhas poesías ben fermosas e divertidas, con temáticas  moi variadas. 

Que ben o pasaron e canto aprenderon! Grazas José Luis!





domingo, 15 de abril de 2018

Día do Libro

Xa se achega o Día do Libro, como ben sabedes é o 23 de abril. Lembrades por qué xusto nesa data e non en calquera outra?
Aquí nolo contan.

Premede na imaxe!

Que  importantes  son para Güino os libros! E para vós tamén, non si?
Ollade esta curtometraxe con imaxes de libros acompañadas de frases valorativas da importancia dun bo libro.





Este ano Güino trae unha proposta para tod@s nós, quere que escollamos un libro para compartir cos demais. 
 Do que gardamos mellor recordo, o que lemos máis a miudo, o noso favorito. Logo de telo escollido, ao longo desta semana  realizaremos esta  tarefa:

  •  Nun folio dobrado ilustraremos a portada, o lombo  e a contraportada.  Farémoslle un debullo na portada, rotularemos o título e o autor, poñéndolle tamén o lombo semellante ao do noso libro e na contraportada poremos o argumento ou un fagmento do texto que nos guste mooito.
  • A continuación faremos o noso retrato, só a cara , colo e ombreiros coma unha foto de carné, ben guapos  e grandes, tamaño folio.
  • Uniremos o libro á nosa imaxe con dúas máns recortadas  e marcada sen cartolina  a tamaño real.
  • O alumnado de Infantil porá a mascota da aula lendo o libro favorito da clase
  • Como remate o DÍA DO LIBRO, o luns 23, exporemos nun gran mural onde estaremos todos nós lendo os nosos libros favoritos.
                                               Mirade, Güino  xa escolleu o seu!


Xa chegou o DÍA e os libros enchen máis que nunca a nosa escola.







Ollade nesta montaxe o resumo as actividades principais desta data




Premede na imaxe para chegar ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e veredes máis detalles da celebración do 23 de Abril.


Por último, o alumnado de 6º A volta á sección de RECOMENDACIÓNS LECTORAS a convidarnos a ler libros da nosa biblioteca. Están feitos uns "youtubers"!!!






Moitas grazas a tod@s pola vosa entusiasta participación!!!

jueves, 12 de abril de 2018

Barcos no tempo

O alumnado de 5º e 6º, dentro do proxecto deste curso, estiveron a investigar no 2º trimestre a evolución das embarcacións ao longo da historia.

Hoxe á mañá, compartiron as súas pescudas presentando o produto final no corredor de primaria.







Diante dos seus murais resumiron o aprendido destacando os aspectos máis significativos.







Nestoutro video podedes ver os barcos de vapor artesáns feitos polo alumnado de 6º A.







E nesta montaxe algúns momentos da actividade.


Noraboa ao alumnado de 5º e 6º. Traballo ben feito!

miércoles, 11 de abril de 2018

Visítanos Jorge Pena, vén de cruzar o Atlántico a remo.

O próximo venres, 13 de abril, visitaranos Jorge Pena, o galego que cruzou o Atlántico a remo  en 58 días dende a Illa da Gomera nas Canarias ata a Illa de Antiga no Caribe.





Deixámosvos varias novas e un vídeo para que poidades coñecer a súa historia antes de recibilo no noso cole.
Premede nas imaxes!

http://www.elmundo.es/cronica/2018/01/02/5a4684c6ca47418a728b45e6.html



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/sada/2018/02/11/gallego-jorge-pena-logra-cruzar-atlantico-remo-58-dias/00031518353885838793624.htm


http://www.crtvg.es/informativos/o-galego-jorge-pena-cruza-o-atlantico-a-remo-3650543

JORGE PENA COMPLETOU A TALISKER WHISKY ATLANTIC CHALLENGE

  Chegou o día,  recibimos no colexio a Jorge Pena que nos visitou para contarnos a súa fazaña de atravesar o Océano Atlántico, dende a illa da Gomera, nas Canarias, até a illa Antiga, no Caribe. Un total de 5.550 km que percorreu en 58 días, sen axuda de ningunha vela ou motor, soamente impulsando o barco con remos e coa súa forza. Enfrontándose a «ondas como montañas» de máis de oito metros e ventos que alcanzaban os 120 km/h nalgúns días.

Só tiña un aliado, que eran os ventos alisios que sopran na época do ano en que fixo a viaxe e que o arrastraban na dirección correcta. Como  fixeron con Colón cando descubriu América.

Narroonos a súa viaxe coas súas anécdotas incluídas, algunhas moi curiosas: como o visitaba un paxaro ao que chamou Mateo, as charlas que tiña co seu polbo, cando se atopou a un mercante no que a tripulación era de Ferrol e puido falar con eles por radio, as postas do sol e os amenceres, como se aseaba, que comía, os intres de soidade no medio do océano, como se moven os ventos no hemisferio Norte e Sur .... en fin unha charla que nos gusto moitísimo e na que aprendemos cousas moi interesantes.











martes, 3 de abril de 2018

Ola poesía, benvida primavera!!

Como cada ano, e xa van 10, chegou o tempo de expresar os nosos sentimentos, as nosas inquedanzas e os nosos pensamentos con rimas e versos.
Güino pescudou na rede e atopou algunhas suxestións para comezar a practicar nas aulas.
Aquí volas deixamos!
Xa sabedes, premendo na imaxe...





Grazas ao CEIP Chano Piñeiro e á súa Biblioteca.



Aquí vos deixamos unha escolma de poesías galegas sobre o mar. Como ben sabedes é o tema do noso PDI e tamén do Certame de Poesía deste curso.


 Xa no medievo Martín Codax cantáballe ao mar de Vigo.


Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E, ai Deus, se verrá cedo!



No século XIX, logo dos "séculos escuros", Pondal adica esta fermosa poesía ás barcas:

Dunha lancha a branca vela,
da negra altura ó tornar,
parece, toda encurvada
da virazón jogoral,
unh’ala dunha gaivota
que máis alta qu’outra vai.
¡Que garrida é a branca vela
cando se ve bandear...!

De bolina, tesa a escota
que os ventos subïar fan,
o courel debaixo da auga...,
¡que gusto vela avanzar!,
¡que garrida vai a lancha
c’a espuma que ó redor fai...!
¡Que dicha é ser pescador
que ten por seu todo o mar!


Ollade a importancia do mar en Galicia, refectida por Manuel María, no XX.

Galicia docemente

está ollando o mar:


ten vales e montañas


e terras pra labrar!





Ten portos, mariñeiros,


cidades e labregos


cargados de traballos,


cargados de trafegos!



E por último, xa deste século, e de Antonio García Teijeiro

UNS POEMAS de "Poemar o mar" para animarvos a POEMAR


GAIVOTAS no mar: veleiros.


Veleiros no mar: escumas.


Escumas no mar: fervenzas.



Fervenzas no mar: a chuvia.