O alumnado de 6º de Primaria en Ciencias Naturais está a traballar un tema moi interesante, no que, entre outros aspectos preséntanse os Espazos Protexidos.
Profundizaron nos ecosistemas que teñen que ver co proxecto deste ano e aproveitando a ponte, dous compañeiros de sexto, Óscar e Xavier, visitaron un destes espazos que está moi preto da nosa vila, A Costa do Dexo.
Profundizaron nos ecosistemas que teñen que ver co proxecto deste ano e aproveitando a ponte, dous compañeiros de sexto, Óscar e Xavier, visitaron un destes espazos que está moi preto da nosa vila, A Costa do Dexo.
Un ecosistema de litoral de especial riqueza e ben conservado a pesares da súa proximidade a unha das zonas máis poboadas da provincia.
A Costa do Dexo é un Monumento Natural que ocupa o tramo costeiro que comprende desde o faro de Mera ata o porto de Lorbé, no concello de Oleiros.
Cun pouco de axuda, elaboraron un video moi interesante sobre este Monumento Natural, no que explican moitas das súas características.
Olládeo, está xenial!
Agradecemos o gran traballo destes nenos e a colaboración das familias .
Entre todos achegáronnos o coñecemento desta zona tan próxima como interesante.
Fantástico! Parabéns a Óscar e Xavi (e aos adultos que os acompañan) por esta iniciativa na que se combina o estudo e a investigación co lecer. Moito me gustou ver este vídeo dun lugar que amo e coñezo ben, explicado por eles. E parabéns ao centro por estimular e dar difusión a estas actividades que tanto ben lles fan á rapazada.
ResponderEliminar