CLUB DE LECTURA

miércoles, 19 de abril de 2017

Día do Libro


A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare.Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega.


Este ano o Día do Libro cae en domingo polo que o festexaredes coas vosas familias asistindo ás actividades que organiza o Concello e a Biblioteca Municipal. Sempre hai música, contacontos, postos das librarías,...  Seguro que aproveitades para que vos merquen algún libro como agasallo.


GÜINO tamén ten agasallos para todos nós na  vindeira semana:




  • As novas adquisicións están todas xuntas para que volas presenten os profes. Ollade cantos libros mercou Güino para vós!!



    • Ademais xa temos novos libros de realidade aumentada (R A): Logo de lélos pedirlle as tabletas ao profe e a experimentar con unha nova lectura.










    • Mirade o video antes de coller calquera dos  libros de  R A . É sorprendente,non?



    • O martes vén Iago López , o contacontos. Esta vez vailles presentar aos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria un libro que tamén escribiu el "O cociñeiro Martiño".








    • O mércores para os Clubes de Lectura que están a ler "O Castañeiro de Abril" achégase ao noso cole Antonio Fraga, o seu autor, para contarlles como escribiu a súa obra, en que se inspirou, como escolleu ao protagonista,...E contestarlle a todas as preguntas que lle teñen preparadas.


















    • Ademais Güino deíxavos un enlace para que os máis grandes investiguedes sobre o 23 de Abril, Día  do Libro.



    Preme e pescuda!!!













    No hay comentarios:

    Publicar un comentario