CLUB DE LECTURA

lunes, 24 de octubre de 2016

24 de outubro DÍA DA BIBLIOTECA

"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?" 

Este fermosísimo texto é de Ledicia Costas, Premio de Clubs de Lectura 2016 .
Nós, hoxe, para festexar esta data, agasallamos a todas as aulas coas xa famosas "MALETAS DE GÜINO".
O alumnado colaborador do "Xardín do Pasatempo" achegou ás aulas estas caixas cheas de  contos, poesías, revistas , libros informativos...
Estas maletas pasarán a formar parte das "Bibliotecas Aula"e poderán intercambiarse entre os niveis.
Feliz día e esperamos que vós, grazas aos libros, tamén podades ser moitas personaxes e visitar moitos mundos.














No hay comentarios:

Publicar un comentario