O primeiro que temos que contarvos e que a nosa mascota, Güino, pasou un verán do máis fresquiño polas frías augas do Antártico. Alí gozou moito, bañouse para limpar a súa pelaxe, comeu moito peixe e voltou ao cole do máis guapo!! Verdade??
Por outra banda, tamén na biblio hai varios cambios.
Temos un novo andel para que poidades descobrir todas as novidades que van chegando. De momento non as imos prestar para levar a casa pero podedes visitar a biblio para coñecelas todas!!
Tamén hai un novo moble de audiovisuais onde poderedes gozar escoitando e vendo distintos títulos que incorporan CD´s tanto en galego, castelán e inglés.
Desexámosvos un moi bo curso 2015- 16!! Esperámosvos en Bibliocouceiro!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario