Coma todos os anos, chegado o 30 de xaneiro, celebramos no colexio o DÍA DA PAZ. Este ano, por mor do mal tempo, tivemos que realizalo no corredor do centro, pero non por iso deixou de ter o seu significado e serviunos para renovar o compromiso pola paz e a non violencia que tratamos de levar a cabo neste día e ao longo de todo o ano. O acto estivo adicado a resaltar a figura de Malala Yousafzai, PREMIO NOBEL DA PAZ 2014, e consistiu na lectura dun MANIFESTO elaborado polo alumnado de SEXTO do colexio onde se recollen distintos aspectos dese compromiso, e a escenificación dunha danza paquistaní na que partipou todo o alumnado do centro. Por último comentar que todos os anos, e para rematar o acto, realizamos unha solta de pombas que este ano non poidemos levar a cabo por mor do mal tempo antes sinalado. Foi unha xornada festiva e, sobre todo, de reflexión.
Todo o alumnado do centro realizou de xeito
colaborativo este gran mural baixo o lema
UN LAPIS PARA A PAZ no que as nenas e os nenos de E. Infantil
e Primaria deixaron constancia das súas
inquedanzas, das súas emocións, dos seus compromisos,... coa PAZ.
Esto en unha vergonza!! Esto nin e Couceiro nin e nada. Nos meus tempos... ¡¡¡PERO A VELLA ESCOLA NUNCA MORRERA!!!
ResponderEliminarThe Great One.