CLUB DE LECTURA
▼
martes, 16 de diciembre de 2014
Lecturas para o Nadal
Desde BIBLIOCOUCEIRO desexámosvos que pasedes unhas fantásticas vacacións.
Neste tempo de lecer atoparedes algús ratiños para xogar, para compartir,para descansar, ...para estar coas vosas familias e tamén, de seguro, haberá momentos para ler...
Así que, outro ano máis, elaboramos unha selección de lecturas, coidamos que moi interesantes, para que poidades gozar con elas.
BO NADAL A TOD@S!!!
domingo, 14 de diciembre de 2014
Musicreques!!
As Danzas Eslavas, inspiradas nas danzas húngaras de Brahms, están formadas por 16 danzas escritas orixinalmente para piano a 4 mans, nas que predominan melodías a base de bailes populares checos e eslavos. Trátase dunha música de profunda beleza, con moitos contrastes, intercalando pasaxes de gran forza e vitalidade con pasaxes lentos e melancólicos. Loreto e Alma encargáronse de tocar ao piano, en directo, estas danzas. A alumnado participou plenamente das dúas representacións realizadas, unha para o primeiro e segundo ciclo de Primaria e outra para E. Infantil. O alumnado pasouno en grande e gozou moitísimo co espectáculo.
Dámoslle as grazas a MUSICREQUES, a Alma e a Loreto, polo estupendo traballo realizado e polas atencións que sempre amosan co noso centro.
Untitled from JULIO PAMPIN COLOMA on Vimeo.
sábado, 13 de diciembre de 2014
Investigamos sobre...
Ao longo do mes de novembro o alumnado do noso centro adicosuse a investigar sobre ditos, refráns, cantigas, relacionadas con dúas das festas máis representativas deste mes do ano. Por un lado a FESTA DO PEÓN que celebramos no noso centro sempre na compaña das familias, aínda que este ano, por mor das inclemencias meteorolóxicas tivo unha celebración moi restrinxida no interior do colexio. Por outra banda a FESTA DO SAN MARTIÑO de fonda tradición en toda Galicia. os nenos e nenas do centro aportaron as súas recolleitas realizadas nos ámbitos familiar, veciñal , círculos de amistades..., e este foi o resultado. Elaboráronse dous cadernos un de E. Infantil e outro de Primaria onde se recollen os traballos aportados. Parabéns a todos polo esforzo e polas aportacións realizadas.
lunes, 17 de noviembre de 2014
Samaín e Magosto no cole
Este ano, na nosa escola, o SAMAÍN foi un pouco especial. Sabedes por que? Pois porque fixemos un RAP, o "RAP DO MAGOSTO" de PACO NOGUEIRAS e a coreografía inventada por nós, os nenos e nenas de CUARTO. Tamén fixemos cabazas, todas moi bonitiñas pero hai que recoñecer que as que gañaron...merecían gañar!Realizamos unha exposición coas nosas rimas (pareados, poesías,... ) adicadas ao SAMAÍN que acompañaron á exposición das CABAZAS.
O magosto foi do máis divertido. Todas e todos tiñamos as caras pintadas coa cinza e non había ningún mestre que se librase do "ataque" do alumnado. Foi divertidísimo! Comimos castañas e cantamos, bailamos,... Ah! Estivemos acompañados polas nosas familias que disfrutaron tanto ou máis ca nós...!

jueves, 6 de noviembre de 2014
O PAÍS DOS MANDÓNS....!!!
A compañía teatral GHAZAFELHOS presentou o seu espectáculo de CONTACONTOS "O PAÍS DOS MANDÓNS", basado no libro de Paloma Rodríguez e Cristina Justo que leva o mesmo título e que temos na nosa biblioteca no andel do PRIMEIRO CICLO (galego). Esta representación tivo lugar na Casa da Cultura de Pontedeme e asistiu o alumnado de E. INFANTIL de cinco anos do colexio. Esta actividade foi organizada polo Concello dentro das liñas de actuación do II PLAN DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES co obxectivo de divulgar e concienciar sobre o principio de indentidade de xénero.
As nenas e nenos que asistiron a esta actividade pasárono.... XENIAAAAAL!!!
viernes, 17 de octubre de 2014
As mochilas viaxan de Bibliocouceiro ata vosas casas
Un curso máis, e xa van moitos dende que comezaron a súa andaina no ano 2009, as MOCHILAS volven viaxar ás casas dos nenos e nenas do Couceiro.
Durante os pasados días os membros do EQUIPO DE BIBLIOTECA traballaron arreo para ter listas, o máis axiña posible, as mochilas.
cturas...Todas van cheas de libros, pelis, música,... para encher o tempo de lecer coas vosas familias.
Cada mochila contén información para as familias, normas, contidos e un CADERNO VIAXEIRO no que o alumnado poderá debuxar, facer comentarios ...
Por último, as familias tamén poderán realizar os comentarios e suxestións que consideren oportunas nun apartado dentro do caderno.
Lembrade, unha folla do caderno por nen@.
As mochilas sairán do colexio os venres e retornarán os xoves.
Desde a biblioteca GÜINO desexa que teñades un curso cheo de boas lecturas.

martes, 30 de septiembre de 2014
Mafalda... 50 anos!!
50 ANIVERSARIO
PARABÉNS
MAFALDA!!!
Mafalda, o mítico personaxe creado por Quino, gañador do premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades este mesmo ano, cumpre 50 anos.
Medio século de inconformismo infantil trufado de certeras e irreverentes frases e un sempiterno odio á sopa que comezaron a publicarse en forma de tira cómica un 29 de setembro de 1964 na revista semanal arxentina "Primera Plana"...
Comezamos un novo curso!!
Comezamos este novo curso 2014/15 cargados de enerxía e con moitas ganas de que vivades moitas aventuras na nosa BiblioCouceiro!!!
Güino, e todo o seu equipo de colaboradores, queremos darmos unha agarimosa benvida e desexaros un bo comezo de curso e, coma sempre, boas lecturas!!!
martes, 17 de junio de 2014
Bo verán, sempre con libros!!
Outro curso que remata xa, e chega o esperado verán, e as ansiadas vacacións...
Dende Xardín do Pasatempo queremos recomendarvos algúns libros e contos que parécenos que vos gustarán e poden encher de aventuras estes días de verán...
Gozade moito e vémonos en Setembro!!
Dende Xardín do Pasatempo queremos recomendarvos algúns libros e contos que parécenos que vos gustarán e poden encher de aventuras estes días de verán...
Gozade moito e vémonos en Setembro!!
lunes, 26 de mayo de 2014
Encontro con Iago.
O alumnado do PRIMEIRO CICLO de PRIMARIA asistiu a un encontro co contacontos IAGO.
Previamente prepararan o conto O APRENDIZ DO HOME DO SACO nas respectivas aulas e neste encontro con IAGO, participaron, comentaron, reviviron...esta hiostoria e pasaron un rato moi, moi divertido con este home moi vello que estaba amolado porque o seu único fillo non quería herdar o seu oficio. Todos os días o pai, chovese ou non, tiña que ir traballar, mentres o fillo quedaba estomballado na casa agardando a hora do xantar. Pero un día todo cambiou: o pai enfermou e o rapaz tivo que aprender en pouco tempo os trucos para ser un bo home do saco.
contacontos anaya from JULIO PAMPIN COLOMA on Vimeo.
jueves, 22 de mayo de 2014
Día de Europa.
O alumnado de Atención
Educativa de 6º de primaria está a desenvolver este curso o
Proxecto “A Unión Europea”.
Nunha 1º fase
elaboraron, en pequenos grupos, fichas técnicas dos países membros da
UE. Baseándose nestas fichas e utilizando o “libreofficeimpress”
realizaron unha presentación audiovisual de cada país.
Ao remate puxéronse
en contacto coas embaixadas para recompilar materiais (DVD, CD
música, mapas,selos,...)
A exposición sobre
Europa que está aberta ao público na entrada do noso centro dende o
DÍA DE EUROPA( 9 de maio) recolle os materiais achegados polas
embaixadas e os elaborados polo alumnado.
Ao remate do proxecto
cada grupo presentará os países traballados acompañándose da
presentación por eles elaborada ao resto do alumnado de 6º.
Letras Galegas 2014
O pasado 16 de maio celebramos, como todos os anos, o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano 2014 estivo adicado ao poeta da XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO do que o alumnado de sexto realizou un percorrido pola súa biografía e a súa obra, para que toda a comunidade educativa coñecese máis a fondo a un dos mellores escritores galegos do século XX.
Posteriormente realizouse a presentación pública dos dous CONTOS VIAXEIROS realizados colaborativamente por todo o alumnado do colexio ao longo do presente curso.
Por último tivo lugar a fase final do VI CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL" e que, como en anos anteriores, rexistrou un importante número de participantes e un aumento na calidade das poesías presentadas conseguido co traballo previo realizado nas aulas sobre distintas técnicas de realización da poesía.
PREMIOS:
Rematou o acto con todos os asistentes cantando e bailando coa cantiga de Paco Nogueiras O MEU MUNDO É!!!, e bailando no patio coa música de Los Fenómenos!!Este ano 2014 estivo adicado ao poeta da XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO do que o alumnado de sexto realizou un percorrido pola súa biografía e a súa obra, para que toda a comunidade educativa coñecese máis a fondo a un dos mellores escritores galegos do século XX.
Posteriormente realizouse a presentación pública dos dous CONTOS VIAXEIROS realizados colaborativamente por todo o alumnado do colexio ao longo do presente curso.
Por último tivo lugar a fase final do VI CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL" e que, como en anos anteriores, rexistrou un importante número de participantes e un aumento na calidade das poesías presentadas conseguido co traballo previo realizado nas aulas sobre distintas técnicas de realización da poesía.
Hai que dar os parabéns a tod@s polo esforzo e calidade dos
traballos presentados.
- Educación Infantil: premio colectivo.
- 1º ciclo:
- Daniel Gonzalez Herreros - 1ºA - (1º Premio)
- Sabela Días Rodríguez - 1ºB - (finalista)
- Celia Freire Bouza - 2ºA - (finalista)
- 2º ciclo:
- Pablo Gómez Prego - 3ºB - (1º Premio)
- Marta Meizoso Pereira - 3ºA - (finalista)
- Diego García Legarra - 4ºA - (finalista)
- 3º ciclo:
- Cástro Regueira Dosil- 5ºB - (1º Premio)
- Daniel Arias Fachal - 6ºB - (finalista)
- Yashmina Díaz Martínez - 6ºB- (finalista)
lunes, 5 de mayo de 2014
Chegan os Maios 2014!!
Coma todos os anos, celebrouse no noso centro a tradicional festa dos Maios.
Este ano foi o día 30 de abril, data na que coa colaboración de toda a comunidade educativa, realizáronse catro maios, un por cada ciclo.
As familias aportaron verde (fiuncho, hedra, xestas e mirto entre outras) e flores de todo tipo; e ademáis en Infantil e 1º ciclo de primaria contamos coa magnífica colaboración de nais, pais e ata algún avó, que non dubidaron en poñerse mans a obra para que os Maios quedaron así de bonitiños!!!
A actividade nos días 29 e 30 de abril foi frenética en todo a centro co fin de ter a punto os maios para o desfile.
O resultado foron catro preciosos maios que podedes ver nestes videos.
O tempo impediu que o traballo lucirase no patio exterior, pero o desfile polo corredor principal do centro tamén é magnífico, non sí?
O día 1 un equipo de mestres, alumnos e familiares pasearon os Maios e as cantigas eleboradas conxuntamente pola vila e acudiron ao concurso organizado polo Concello.
Foi unha mágoa que esté ano non levaramos ningún premio porque un traballo como o realizado pola nosa Comunidade Educativa é sempre de admirar e gabar.
Por todo isto, NORABOA A TODOS, E MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR CON TANTA ILUSIÓN!!!

martes, 29 de abril de 2014
Xildas
Recibimos de novo a visita de ANTONIO M. FRAGA, para compartir co CLUB DE LECTURA unha xornada en torno aos trasnos.
O autor de XILDAS, o primeiro libro publicado deste autor eumés e exalumno do centro compartiu co alumnado do CLUB as aventuras deste trasno que vive nas fragas.
Antonio inspirouse nas súas vivencias de cativo en Pontedeume e os seus paseos polas FRAGAS DO EUME para escribir esta historia chea de tenrura e solidaridade que entusiasmou aos seus lectores.
Foi unha xornada moi grata, chea de sentimentos e lembranzas dos anos de mocidade do escritor. O alumnado prantexoulle moitísimas preguntas e consideracións sobre os protagonistas e situacións desta historia.
Grazas Antonio e ata sempre nesta a túa casa!!!

antonio manuel fraga2 - Movie Maker
Álbum bilingüe
Nas tres últimas semanas do trimestre
pasado encheronse, por cuarto ano consecutivo, os corredores de nenos e nenas
do centro á procura de cromos e vocabulario.
Trátase do ÁLBUM BILINGÜE que neste curso 2013- 2014 tivo como temática "OS BICHOS".
O noso alumnado, dividido en grupos, ten que completar o álbum o antes posible, pegando os cromos e escribindo o nome dos animais en galego ou inglés segundo corresponda.
Sempre resulta un éxito de participación e cooperación entre os diferentes equipos e diferentes niveis de idades pois teñen que intercambiar cromos entre todos eles para completar o álbum.
Esta actividade, na que participou todo o alumnado do centro, estivo coordinada polo Departamento de Inglés e polo EDNL do colexio.

lunes, 28 de abril de 2014
Voluntariado A: Lecturas compartidas
Está desenvolvida polo alumnado do TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA que os xoves de cada semana, no tempo da HORA DE LER, acude ás aulas dos máis pequenos para ler, contar, dramatizar...un conto que previamente elixiu na biblioteca do centro e que durante uns días preparou na súa casa.
É unha actividade consolidada, pois vense realizando desde hai varios anos coordinada polo EDNL coa colaboración da biblioteca.
miércoles, 23 de abril de 2014
Día do Libro con... contos viaxeiros!!
Como cada 23 de abril, celebramos no noso centro o DÍA DO LIBRO.
Este ano centramos as actividades na realización de dous CONTOS VIAXEIROS.
Participaron neles todo o alumnado do colexio; INFANTIL e PRIMARIA, un dos contos feito polo alumnado do SEGUNDO e TERCEIRO ciclo de primaria, e o outro polo PRIMEIRO ciclo e INFANTIL.
A proposta para este curso, como centro de interés, foi GÜINO, a nosa mascota, e aquí deixámosvos as súas aventuras.
Nos vindeiros días, despois da súa presentación en público, expoñeranse na biblioteca en formato papel... xiganteee!!!
Que os disfrutedes!!! e, parabéns a todas e a todos polo traballo realizado!!!
Conto de Infantil e 1º ciclo de primaria: "Güino".
Conto 2º e 3º ciclo de primaria: "Güino salva a Antártida".

domingo, 6 de abril de 2014
Día do libro infantil con... Antonio Manuel Fraga.
O pasado día 2 de abril, coincidindo co DÍA DO LIBRO INFANTIL, visitounos o escritor eumés ANTONIO MANUEL FRAGA, recente PREMIO MERLÍN polo seu libro O CASTAÑEIRO DE ABRIL, libro de narrativa traballado polo alumnado de sexto de primaria no CLUB DE LECTURA , nun ano que o CLUB e a biblioteca quere dedicar á figura deste xoven escritor. Foi unha visita chea de emocións e vellos recordos. Antonio viviu toda a súa infancia en Pontedeume, foi alumno do COUCEIRO FREIJOMIL, e as preguntas do alumnado fixeron aflorar inevitablemente as lembranzas do pasado e as vivencias do presente, pois Antonio segue moi vinculado á terra que o veu nacer.
O CASTAÑEIRO DE ABRIL foi o eixe deste primeiro encontro co escritor. O alumnado preguntou e preguntou sobre os protagonistas, sobre o ambiente, as paisaxes, as motivacións,... desgranando todo o libro ata detalles sorprendentes incluso para o propio Antonio. Foi unha xornada inesquecible, chea de reencontros. Grazas Antonio e ata moi pronto que nos visitarás para falar de XILDAS, o trasno das fragas.

domingo, 30 de marzo de 2014
Antonio García Teijeiro, Poeta.
O pasado día 26 de marzo, ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO estivo no COUCEIRO dentro das XORNADAS, organizadas polo CFR de Ferrol, que leva por título "A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NA BIBLIOTECA ESCOLAR" .
Falounos, como non podía ser doutro xeito, de poesía. Como mostrar a poesía aos nenos e nenas, como lela, como escribila, como sentila,...onde atopala. E así todos as profesoras e profesoras que traballamos nas diferentes bibliotecas escolares da nosa bisbarra limos, escribimos, recitamos,...construimos poesías, limos adiviñas, e ...ata cantamos!. Foi unha xornada inesquecible rodeados polo poeta que nos fixo dar ..."UN PASEO POLA POESÍA."
"A poesía é algo que nos acompaña, nos quece...fíltraxe, non se ensina." "A poesía debe entrar nas aulas en VOZ ALTA, sorprender continuamente..." "Debemos partir sempre da poesía popular..."
Constuímos poesía colectiva a partir de ARROLOS, DIÁLOGOS, CANTIGAS,...
Grazas, Antonio por quitarnos o medo á poesía!
Día da Poesía con ... Rosalía
Outra das actividades no DÍA MUNDIAL DA POESÍA que programamos desde a biblioteca, foi a dedicada a ROSALÍA DE CASTRO. Presentóuselles ao alumnado o libro-disco ROSALÍA PEQUENIÑA onde a cantante UXÍA SENLLE ponlle a súa voz. A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía deixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira ROSALÍA. ROSALÍA PEQUENIÑA, pirata, poeta, aventureira ou fada. ROSALÍA PEQUENIÑA para cantar, para rir, para gozar ou bailar. ROSALÍA DE CASTRO na voz de UXÍA e na voz dunha lexión de cantadeiras e dun nutrido grupo de músicos.
Nós tamén puxémoslle a nosa voz e así quedou o traballo realizado polo alumnado do centro como homenaxe a esta pirata, poeta, aventureira ou fada... ROSALÍA DE CASTRO.
Nós tamén puxémoslle a nosa voz e así quedou o traballo realizado polo alumnado do centro como homenaxe a esta pirata, poeta, aventureira ou fada... ROSALÍA DE CASTRO.
martes, 25 de marzo de 2014
Día da Poesía con... Jacobo Muñiz
Jacobo no interior dunha embarcación
no peirao de Pontedume cando era estudante
do COUCEIRO FREIJOMIL.
|
"Ola, compañeiros do futuro"... Así comezou JACOBO MUÑIZ a súa mensaxe aos nenos e nenas do COUCEIRO FREIJOMIL no DÍA DA POESÍA na que se presentaron as ilustracións que nos enviou sobre o libro do eumés RAMIRO FONTE "Xardín do Pasatempo", nome que leva a nosa biblioteca do que Jacobo, tamén eumés, é ilustrador.
Dase a circunstacia de que Jacobo tamén é ex-alumno do centro polo que as súas palabras teñen un fondocontido tanto para a comunidade educativa do colexio como para todos os eumeses. Jacobo agasallounos cunhas ilustracións orixinais sobre o libro de poesía e nós aproveitamos estes actos do DÍA DA POESÍA para a súa presentación. Jacobo vive en Córdoba e non podía estar connosco mais, a través dunha gravación sonora que nos enviou, poido amosarnos as súas inquedanzas, os seus sentimentos e lembranzas. Nos vindeiros días estas ilustracións fugurarán nun lugar de honra dentro da nosa biblioteca.
O acto foi completado cun recitado de poesías do libro que nos permitiron lembrar, unha vez máis, a RAMIRO FONTE.
Grazas Jacobo polo teu entrañable agasallo!!!
domingo, 16 de marzo de 2014
De estreo!!
O alumnado colaborador da BIBLIOTECA estreou os petos que os identifica e que utilizarán na realización das diferentes actividades colaborativas na biblioteca do centro. Este alumnado ven desenvolvende actividades dentro das dúas modalidades nas que o colexio está a participar na iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria denominada "Voluntariado de lectura-A" integrada no programa HORA DE LER. Estas dúas modalidades de participación son: 1. Colaboración coa biblioteca escolar e 2. Ler con...D (Lecturas compartidas dentro do centro). Fumos noticia no Diario de Ferrol onde se destacaba a participación de varios centros da comarca de Ferrolterra nesta iniciativa.
jueves, 13 de marzo de 2014
Benvidos ao Couceiro Circus!!
Neste Entroido todo o Couceiro engalanouse para poder compartir con todos o maior espectáculo do mundo: o Couceiro Circus!!!
Como xa ven sendo tradición os alumnos e profes compuxeron as cantigas para animar a festa, que este ano, por mor do tempo non puidemos rematar na Praza Real.
Pero a climatoloxía non foi quen de quitarnos as ganas de troula e todo o espectáculo trasladouse ao pavillón, onde os feros leóns, os espléndidos magos, os elegantes xefes de pista, os magníficos forzudos, os incribles mimos e os espectaculares integrantes do Circo do Sol desfilaron con moito entusiasmo e recibiron o caloroso aplauso do entregado publico asistente.
Para que poidades desfrutar deste gran espectáculo deixámosvos as imaxes, os videos e as letras das cantigas deste gran Entroido 2014:
(Se pinchades sobre a presentación o podedes ver a pantalla completa)
Como xa ven sendo tradición os alumnos e profes compuxeron as cantigas para animar a festa, que este ano, por mor do tempo non puidemos rematar na Praza Real.
Pero a climatoloxía non foi quen de quitarnos as ganas de troula e todo o espectáculo trasladouse ao pavillón, onde os feros leóns, os espléndidos magos, os elegantes xefes de pista, os magníficos forzudos, os incribles mimos e os espectaculares integrantes do Circo do Sol desfilaron con moito entusiasmo e recibiron o caloroso aplauso do entregado publico asistente.
Para que poidades desfrutar deste gran espectáculo deixámosvos as imaxes, os videos e as letras das cantigas deste gran Entroido 2014:
viernes, 21 de febrero de 2014
Pois imos contar un conto!!
O pasado xoves, 19 de Febreiro, a nosa biblio encheuse de vida, de risas, de música...
Todo grazas a visita de Patri e Alex, os contacontos de editorial Kalandraka, que convidaron aos alumnos de 4 e 5 anos a escoitar varias historias da súa "fabrica de contos".
Algúns títulos xa os coñeciamos e outros eran totalmente novos para os nenos pero todos soaron de maneira diferente porque os animaron con cancións moi divertidas das que todos puidemos participar.
Mamá; Con P de Papá; Boas noites, bufo; Onde viven os monstros... foron os contos que Patri e Alex seleccionaron para nós, e que foron todo un éxito!!

lunes, 3 de febrero de 2014
Día da Paz e a non Violencia
O pasado 30 de xaneiro, como todos os anos, celebramos no noso centro o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Os actos comenzaron sobre as dez da mañán coa representación, para o alumnado de primaria, da obra teatral A SÚA VIDA a cargo da compañía teatral LEDA PRODUCIÓNS.
Posteriormente, xa todos xuntos (infantil e primaria), escoitamos o MANIFESTO DA PAZ elaborado polo alumnado de sexto e a canción de POCAHONTAS coa frauta e tod@s bailamos unha canción africana adicada a NELSON MANDELA... como punto e final das celebracións para esta data, realizamos a xa tradicional solta de POMBAS DA PAZ.
Mágoa de mal tempo que impediu participar nestes actos ás familias que nos acompañaron sempre nestes últimos anos.
lunes, 27 de enero de 2014
Club de Lectura
Hoxe comezamos a nosa actividade no CLUB DE LECTURA. Este trimestre vai estar dedicado ao escritor EUMÉS ANTONIO MANUEL FRAGA, que foi PREMIO MERLÍN no ano 2013 polo seu libro O CASTAÑERIO DE ABRIL.
Contamos con máis de oitenta lectores e lectoras voluntarios para participar nos comentarios, nas opinións, nas lecturas, nas emocións... de dous libros de Antonio Manuel.
Por un lado XILDAS da editorial SUSHI BOOKS, libro inspirado nas vivencias de Antonio en Pontedeume e as FRAGAS DO EUME e no que o verdadeiro protagonista é o trasno XILDAS,... e por outro lado O CASTAÑEIRO DE ABRIL de Edicións XERAIS, libro premiado como comentamos anteirormente. Concretamos os grupos, retocamos horarios e,... xa está en marcha o CLUB DE LECTURA.
A gozar lendo!!!
Para máis información ou participar no CLUB premede nunha das dúas portadas dos libros...