CLUB DE LECTURA

martes, 25 de marzo de 2014

Día da Poesía con... Jacobo Muñiz


Jacobo no interior dunha embarcación
no peirao de Pontedume cando era estudante
do COUCEIRO FREIJOMIL.



"Ola, compañeiros do futuro"... Así comezou  JACOBO MUÑIZ a súa mensaxe  aos nenos e nenas do COUCEIRO FREIJOMIL no DÍA DA POESÍA na que se presentaron as ilustracións que nos enviou sobre o libro do eumés RAMIRO FONTE "Xardín do Pasatempo", nome que leva a nosa biblioteca do que Jacobo, tamén eumés,   é ilustrador. 























Dase a circunstacia de que Jacobo tamén é ex-alumno do centro polo que as súas palabras teñen un fondocontido tanto para a comunidade educativa do colexio como para todos os eumeses. Jacobo agasallounos  cunhas ilustracións orixinais sobre o libro de poesía e nós aproveitamos estes actos do DÍA DA POESÍA para a súa presentación. Jacobo vive en Córdoba e non podía estar connosco mais, a través dunha gravación sonora que nos enviou,  poido amosarnos as súas inquedanzas, os seus sentimentos e lembranzas. Nos vindeiros días estas ilustracións fugurarán nun lugar de honra dentro da nosa biblioteca. 

O acto foi completado cun recitado de poesías do libro que nos permitiron lembrar, unha vez máis, a RAMIRO FONTE

Grazas Jacobo polo teu entrañable agasallo!!! 



1 comentario:

  1. Permitanme unha pequena observación: A foto do barco a fixen eu a Jacobo a bordo do "Tamames", de CEPSA mentres navegábamos polo mar do Norte rumbo a Immminghan, Inglaterra.
    Daquela él tiña seis anos. Grazas

    ResponderEliminar