Hoxe, 11 de novembro celebramos o DÍA DO PEÓN. Despois do mediodía sáimos ao patio para facer xirar os nosos peóns. Non estivemos sós, pois tamén había avós, pais, profes que tamén participaron da festa. A xornada comezou lendo o MANIFESTO DO PEÓN que a esa mesma hora estábase a ler tamén en moitos outros colexios de Galicia. Continuamos cos xogos co peón como protagonista...Os avós sentíronse nenos outra vez...Pasámolo xenial... Que día máis divertido!!! Rematamos cantando unha cantiga preparada para a ocasión... e unha promesa, facer xirar o peón TODO O ANOOOO!!!
Nós tamén o celebramos. É marabilloso vervos na compaña dos avós; unha idea excelente.
ResponderEliminarQue xire, que xire todo o ano.
Saúdos desde a biblio do CEIP de Pazos.
Foi unha experiencia marabillosa, na que todos aprendimos algo
ResponderEliminarbicos
Sara