O 3 de abril levarase a cabo un obradoiro de narración oral para as familias impartido por Vero Rilo. Deixo aquí a vosa invitación. Apuntádevos!!
Güino.CLUB DE LECTURA
martes, 25 de marzo de 2025
lunes, 24 de marzo de 2025
DÍA DA POESÍA E DÍA DO TEATRO
Neste mes hai que destacar días importantes para as bibliotecas: celébrase en marzo o 21 Día da Poesía e o 27 Día do Teatro. Güino e o seu equipo decidimos, conmemoralo nun só acto denominado LITERARIOFEST, o vindeiro luns 31.
Así que anda a rapazada do cole a voltas cos ensaios. Esperamos pasalo moi ben!!!
jueves, 13 de marzo de 2025
VISITA DUNHA BIÓLOGA MARIÑA
Seguindo co traballo de investigación sobre os diferentes medios para a súa conservación como científicos que somos, o alumnado do segundo ciclo recibiron a visita de Maite, unha bióloga mariña (nai dunha compañeira de 4º EP). Pódese ver a mostra do que aprendimos na visita, pinchando nas fotos.
Güino
lunes, 10 de marzo de 2025
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O 10 de marzo conmemoramos o 8M Día Internacional da Muller facendo unha actividade de investigación sobre nove mulleres galegas cientificas. Cada nivel elaborou un traballo sobre unha cientifica e durante a mañá do luns pasamos todos a realizar a actividade "Adiviña que é a científica?".