CLUB DE LECTURA

viernes, 22 de noviembre de 2024

ENIGMAS INGENIOSOS

 Sabedes quen anda polo "Xardín do Pasatempo"?? Si, si .... Bolboreta Pipeta.


Aquí a tedes, cun "enigma ingenioso" que podedes pensar e deixar as vosas aportacións. A ver quen resolve o primeiro enigma. 

QUE É TAN FRÁXIL, QUE ROMPE CON DECIR O SEU NOME?

Que curioso!! Que pode ser???

Güino.


MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Novembro, Mes da Ciencia en Galego. Bolboreta Pipeta deixou os retos xunto aos fondos científicos que axudan a investigar, descubrir, aprender ...


Estou moi contento, pois vexo que estades saíndo a investigar e a descubrir novos conceptos científicos. Algúns estivéchedes xa, nas Fragas do Eume, outros por Narón, polo MUNCYT ... Moito ánimo e recordade que estes libros pódenvos axudar.

Güino,

EXPOSICIÓN LIBROS 25N

 Se queredes libros para saber mais sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, montamos unha exposición con fondos desta temática.

O cartel que anuncia a citada exposición é moi especial. 


Güino.


jueves, 21 de noviembre de 2024

25N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 O vindeiro luns temos planeada unha Andaina Violeta pola rúa da nosa vila (se as condicións metereolóxicas o permiten) para a conmemoración desta data.

Dende a Bibliocouceiro deixo aquí diferentes contos que nos poden axudar a traballar nas aulas ou en casa co noso alumnado.



Tamén un vídeo con experimento social para os maiores.


E, por último, unha canción que están traballando nalgunhas aulas.


Güino.