CLUB DE LECTURA

sábado, 27 de enero de 2024

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA




30 DE XANEIRO

DÍA ESCOLAR DA PAZ

E  A

NON VIOLENCIA

Este ano, decoraremos bolboretas que colocaremos nos ventanais da entrada do noso cole formándo o símbolo da paz-aros olímpicos. 

Que queremos dicir con isto? 

- Os nosos símbolos da paz relacionaranse coas cinco cores dos aros olímpicos, facendo referencia aos 5 continentes que participan nas olimpiadas xa que queremos que a paz chegue a todos os rincóns do mundo.
EKECHEIRIA (tregua olímpica) é un símbolo de valores pacíficos do olimpismo, nun intento de parar as guerras durante as celebración dos xogos olimpicos. Ten o seu orixe nas olimpiadas celebradas no 776 a.C na antiga Grecia coa finalidade de protexer aos participantes e visitantes durante o seu viaxe a Olimpia, durante a celebración dos xogos e na súa viaxe de regreso.  A primeira tregua olímpica moderna foi aprobada para os xogos olímpicos de inverno do 1994 en Noruega, para este xogos olímpicos de 2024 a asamblea xeral da ONU tamén aprovou o chamamento á tregua olímpica para estes Xogos.
Sería maravilloso que esta "tregua olímpica" se convertera nunha tregua permanente.


- Por que bolboretas? Existe unha bolboreta chamada MAGNEUPTYCHIA PAX descuberta no 2016 y bautizada con este nome como homenaxe ao proceso de paz que se levou a cabo en Colombia nesas datas e descuberta nunha das zonas de maior conflicto.
As bolboretas simbolizan o cambio, a transformación (facendo referencia á metamorfose que sufren elas dende que son larvas ata que se converten en mariposas). A comunidade educativa do Couceiro quere reivindicar a necesidade de cambio na nosa sociedade, para convertirse nunha sociedade que os conflictos se solucionen falando e non mediante a violencia, unha sociedade na que todos sexamos iguais sen importar a nosa cor de pel, a nosa lingua, as nosas crenzas,...

Que as nosas bolboretas voen por todo o mundo, transmitindo a nosa mensaxe:

QUEREMOS UN MUNDO SEN VIOLENCIA, NO QUE REINE A PAZ E A HARMONÍA. 


A continuación adxuntamos algunhas canción para acompañar os nosos cantos por un mundo mellor.








Deixamos tamén un poema de Rafael Alberti que transmite moi ben a nosa mensaxe, xa que queremos que a paz perdure e non sexa únicamente o día que se fala dela.

"¡Paz, paz, paz! Paz luminosa.

Una vida de armonía

sobre una tierra dichosa."

"Paz sin fin, paz verdadera.

Paz que al alba se levante

y a la noche no se muera."


lunes, 22 de enero de 2024

30 DE XANEIRO: DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ.



O 30 de xaneiro conmemoramos o día da non violencia e da paz nos centros educativos. Este ano, queremos facer participes ás familias nesta conmemoración mediante varias propostas que Güino nos realiza a toda a comunidade educativa:



 

Como levamos facendo estes últimos anos, realizaremos unha RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS para o banco de alimentos Rías Altas. 

Queremos dar un paso máis, ademáis de achegar alimentos a aquelas persoas que o precisan, queremos tamén alimentar a cultura. Para iso propoñemos o seguinte reto:

  SACA UN LIBRO Á RÚA.  

Dende o equipo de biblioteca convidámosvos a que collades un libro e busquedes un lugar tranquilo da vosa zona (un lugar que vos transmita paz, tranquilidade,...) e nos enviedes unha foto na que aparezades lendo ese libro, cun pé de fotografía no que nos indiquedes porque escollíchedes ese lugar. 

Con todas as fotografía recibidas, pretendemos facer un "plano" de Pontedeume que nos permita coñecer un pouco máis a nosa vila, saltando de páxina en páxina grazas aos libros.

Con esta iniciativa pretendemos achegar aos máis pequenos ao hábito lector, tamén ás familias. Seguro que se vemos a alguén lendo un libro na rúa, pódenos axudar a ter un chisquiño máis de ganas por ler nós un libro tamén.


AGARDAMOS AS VOSAS ACHEGAS!!


Visitade tamén as recomendación de Güino deste mes de xaneiro, relacionadas con esta temática.

lunes, 8 de enero de 2024

TARDES DE BIBLIOTECA

 





Queremos lembrar a toda a comunidade educativa que a nosa biblioteca está aberta polas tardes para poder visitala e gozar das mil e unha aventuras que se agochan nos andeis dela.  




Colle un libro e adéntrate no maravilloso mundo da fantasía, mantente informado na actualización coas nosas revistas, le o periódico, xoga cos legos ou os xogos de mesa que temos dispoñibles,... pasade  unha tarde entretida e enriquecedora tanto nenos e nenas como familias. 



O horario de apertura será de 16:00 a 18:00h de luns a  venres. AGARDÁMOSVOS!!