Os nosos andeis están a encherse de libros magníficos. Moitos deles relacionados co tema do noso PDI anual que como sabedes leva por título "Couceiristas polo mundo".
Os nosos compañeiros e compañeiras de 5º de Educación Infantil queren traballar algúns destes libros como "Dáme un bocado" no que poderán realizar unha viaxee a través do tempo e do espazo descubrindo alimentos do mundo enteiro. En "Atlas da cociña" adentraranse nos aromas e as tradicións dos países do mundo. Teñen a súa disposición un libro que leva por título"Guía de Ciudades" de Georgia Cherry, trátase dun bellísimo atlas no que poderán mergullarse nunha magnífica viaxe por 30 CIDADES difíciles de esquecer. Edificios emblemáticos, personaxes famosos, monumentos históricos, lugares sorprendentes e mil horas de diversión nun libro ilustrado para nenos e non tan nenos.
No libro "Un viaje por los bosques del mundo" da editorial SM coñeceremos a un nenos perdidos que queren regresar a súa casa pero só recordan moitas árbores e vexetación