Rematamos esta primeira avaliación aumentando os fondos bibliográficos da nosa biblioteca inclusiva. No seguinte PDF atoparedes información sobre a mesma.
Bo Nadal!
Rematamos esta primeira avaliación aumentando os fondos bibliográficos da nosa biblioteca inclusiva. No seguinte PDF atoparedes información sobre a mesma.
Bo Nadal!
O alumnado de primeiro e segundo queren traballar cadros do artista galego Leando Lamas.
Desde 1998 dedicado ao mundo da pintura, realizou exposicións principalmente en Galicia, aínda que tamén participou en exposicións en España e Portugal.
Algúns dos lugares nos que expuxo a súa obra son Galerías Sargadelos de Ferrol e Lugo, Galería Visol en Ourense, Auditorio Ceutí en Murcia…
Ademais da realización de cadros, o seu traballo esténdese a outras obras como murais, ilustración, etc.
Os nenos e nenas de 1ºB traballaron catro cadros do pintor galego Leandro Lamas, seguindo a parte de ARTE do noso PDI, e a gañadora foi Olivia Ruíz Pérez, de 6 anos de idade, que traballou esta muller embarazada, seguindo o orixinal, cun grande acerto e un enfoque artístico marabilloso.
Ao longo deste primeiro trimestre os nenos e nenas de 6º de primaria e a través de 3 pintores impresionistas: Pissarro, Monet, e Sargent, e do modernista Klimt estamos elaboraron catro cadernos en cada clase. Cada grupo (4, 5 ou 6 compoñentes) analiza o artista, a súa obra e época, o uso da cor e tamén a partir da observación do cadro escollido. O seu obxectivo ñe crear na segunda avaliación pequenas obras literarias traballando tanto o xénero dramático como a prosa e a lírica. E achegarse a eses dous movementos artísticos noutras artes:
Ao remate desta tarefa terán en cada aula catro albumes sobre os autores e a súa obra, que pasará a formar parte das nosas producións propias logo de presentala ao resto da escola.
Se queredes saber máis podedes visitar o blog de sexto. Deixo o enlace ao mesmo.