CLUB DE LECTURA

miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA



 Hoxe celebramos o Día de Rosalía, unha referencia  da literatura galega. Tal día como hoxe, un 24 de febreiro de 1837, nacía en Santiago de Compostela esta importantísima figura que segue marcando profundamente a nosa cultura.

O "Couceiro Freijomil" únese á homenaxe que lle fai toda Galicia cuns marcapáxinas elaborados polo alumnado do centro.  Seguindo a suxestión do E.D.L.G.,cada nena e cada neno  seleccionou uns versos da autora para copialos nunha cara do marcapáxinas, reservando  a outra parte as ilustracións que fan referencia á figura da escritora.






Dentro do PDI "Pontedeume, a nosa vila"  estamos a traballar a nosa localidade, a súa historia, orografía, economía, tradicións...

Desta volta fixámonos na economía; aproveitando os versos de Rosalía de Castro queremos ofrecer todo o noso apoio aos comerciantes eumeses dadas as dificultades que están a pasar ante as restricións debidas á  pandemia.

Hoxe o comercio eumés agasalla á clientela cos marcapáxinas do Día de Rosalía do noso colexio. 




                                                       




Feliz Día de Rosalía!

lunes, 8 de febrero de 2021

Entroido medieval:



Xa estamos no tempo de Entroido e mentres preparamos o disfraz inspirado no Pontedeume dos Andrade aló polo medievo para vir disfrazados  o venres, imos collendo marcha cos "Mandadiños de Manolo"

O noso esqueleto Manolo, ano tras ano, vainos guiando por este tempo de Entroido!

 Atendede á indicación de cada día!

 



 













Este Carnaval recrearemos no pavillón un TORNEO MEDIEVAL e para participar é ben vir vestidos á moda do medievo. 


Aquí nestes pergameos vai a invitación ao I Torneo Medieval "Couceiro Freijomil" Animádevos!!

TORNEO E: Infantil , 1º, 2º e 3º1 de E. Primaria:




Invitación para 4º.,5º e 6º de E. Primaria:



Recordade que por mor da pandemia participaremos sen mesturarnos con outras aulas nin no torneo nin no  desfile (este ano será curto, do cole ao pavillón, para garantir a seguridade). 

A festa posterior con sobremesas de Antroido tamén será sen compartir alimentos, cadaquén traerá o seu.

DESFILE E TORNEO:

Lembrade que o xoves, á volta de vacacións, queimaremos o Antroido, así que ide preparando o loito para despedir a festa.


Bo Entroido!

Este ano a "Queima do Antroido" fo certamente distinta, nin viuvas nin viuvos acompañaron ao seu finado. Estabamos nas aulas vendo a queima en directo no noso canal de you tube. Non houbo desfile pero si loito, garavatas e lazos negros simbolizaban a pena polo fin da festa e a despedida ata o ano que vén. Agardamos que o vindeiro Entroido  poidamos levar o cadaleito e acompañar o Antroido mentres cantamos e choramos a súa perda. 


jueves, 4 de febrero de 2021

Comezan os Clubs de Lectura

 Co segundo trimestre chegan ao noso cole as lecturas compartidas dentro dos grupos dos nenos e nenas maiores da escola. Este ano, por mor da pandemia, os clubs realizaranse nas aulas e cos titores e titoras.

 Cando xa teñan o libro ben avanzado, ou rematado, recibirán aos autores e autoras dos libros. Este curso serán encontros virtuais pero o alumnado terá ocasión de compartir co escritor ou escritora as súas dúbidas, opinións, curiosidades sobre as personaxes, a inspiración, a temática. etc.

Dentro deste blog teñen o seu propio espazo, onde colgamos información para a primeira sesión e onde poden colgar as pegadas da vida do club (Fotos, audios, debuxos, escritos, boktrailleres...). Para achegarvos ás  súas entradas do seu blog premede nas imaxes.


Club Lectura 4º