CLUB DE LECTURA

lunes, 23 de septiembre de 2019

GÜINO xa ten novos axudantes!

Hoxe á mañá e logo de días de reflexión ante unha nova responsabilidade formáronse os equipos de axudantes de Güino. Nove ou 10 nenos e nenas de 5º de Primaria que cada día van dedicar 10 minutos do seu tempo a traballar en grupo para que:

  •  O "Xardín do Pasatempo" estea ordenado
  •  Para levar as mensaxes do garda da nosa biblioteca
  •  Para representalo sempre que sexa necesario, etc.


Co obxectivo de involucrar ao alumnado na colaboración, na organización e xestión da biblioteca escolar e despois de explicarlles en que vai consistir o seu traballo, acceden con ilusión e entusiasmo a esta actividade colaborativa tan necesaria para a biblioteca pero desenvolvida dun xeito case lúdico.
Ollade os novos equipos!






Os usuarios e usuarias ademais de agradecerlle o seu traballo temos que facilitrallo deixando as devolución na súa caixa correspodente cando devolvamos os préstamos e procurando deixar sempre a biblioteca polo menos tan ben como a atopamos ao chegar.
Entre todos e todas conseguirémolo!

Abrimos o 1º de outubro! Feliz curso!

Estamos de volta!

Aínda que a biblioteca non abre as súas portas ata o 1º de outubro xa está chea de actividades previas ao seu funcionamento normal de préstamos, recreos, presentacións... Estamos cos preparativos, recibindo novos libros, deseñando as vindeiras actuacións e a formando o equipo de "Axudantes de Güino". 
Comezamos o curso cuns regalos moi especiais:

  •  O EDLG agasallounos con varios exemplares da revista escolar "Abrente" que saiu do prelo a remates do curso pasado, xa a tedes no revisteiro! 

Preme e infórmate no blog da "Casqueira" (EDLG)


  • Achegou tamén catro volumes que recompilan os "Calendarios de Peto" deste ano. Aqueles que fixestes a remate de 2019. Cantos e que variados! Vai ser ben chulo buscar o voso!





  •  Pero o gran labor en canto a recompilación son dous tomos que recollen as revistas escolares dende 1982 ata 2018, un "Abrente" por curso que elaboraron por mor das Letras Galegas nenos e nenas do noso colexio. Estes tomos permítenos ver o máis significativo do traballo de cada curso, a actualidade de cada ano, as inquedanzas de nenas e nenos que hoxe xa son adultos. Permítenos, en fin, mergullarnos na historia do "Couceiro Freijomil". Estas revistas  que tiñan  dous formatos diferentes,con encadernación independente, que non resultaban moi manexables e corrían o risco de estragarse ou perderse grazas ao EDLG estarán agora ben encadernadas e a disposición de toda a Comunidade Educativa nos andeis da nosa biblioteca!


Premede para máis información!





Moitas grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega! Bo traballo!