A nova remesa de "mangas" non para nos andeis da biblioteca. Mentres esperades para ler as últimas novidades mirade esta presentación, coidamos que pode interesarvos.
Este día celébrase o 30 de xaneiro, dedicado a conmemorar nas escolas unha cultura de non violencia e paz.
A educación en tolerancia, solidariedade, harmonía, respecto por dereitos humanos, non violencia e paz son motivos para recordar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, as escolas comprométense como defensores da paz e a comprensión entre persoas de diferentes orixes e formas de pensar .
Neste día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promovió a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.
Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite aos nosos alumnos adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzan o seu desenvolvemento como críticos cidadáns globais comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais.
Na escola adoitamos procurar cada día estes valores: tolerancia, respecto, non violencia....
Mais agora que se achega o 30 de Xaneiro, Día da non Violencia e da Paz imos visualizar estes vídeos, ler libros, debuxar, debater, cantar...
Visita a exposición e escolle o que queres ler!
Xa podemos poñer as nosas mensaxes no mural da PAZ!
Agora estamos a preparar as actividades artísticas, plásticas e musicais para participar xunto con toda a Comunidade Educativa nos actos centrais da Non Violencia e a Paz.
Imos cantar e bailar esta canción de Mamá Cabra. Os máis pequenos xa teñen a coreografía!
Aquí queda tamén esta versión en inglés que comparten con nós dende o CEIP Saco e Arce.
Moitas grazas!
Pero tamén imos traballar coa mestura de cores para procurar a cor branca que simboliza a PAZ.
Para iso faremos un xoguete tradicional "O zumbador " Adoita facerse cun botón grande e xa zumba pero como nós ademais queremos facer a cor branca ollade neste video como facelo e como funciona.
O alumnado de 5º e 6º ao longo do 1º trimestre estivo a investigar dentro do PDI a evolución da alimentación. Estiveron observando o reflexo da alimentación na pintura das diferentes épocas, dende a Prehistoria ata a Idade Contemporanea. Dende a arte das cavernas ata a pintura máis actual.
Logo de visitar o Museo de Belas Artes na Coruña, onde lles amosaron como observar un bodegón o un cadro costumista para observar a alimentación tanto das clases altas como das clases populares, pescudaron, na biblioteca e na rede principalmente, os cambios alimenticios da humanidade vendo a sua pegada na arte pictórica.
A remates do trimestre expuxeron os murais elaborados como produto final deste traballo e o pasado mércores contáronlles aos seus compañeiros e compañeiras moito do que tiñan aprendido.
Seguindo coa alimentación e as artes xa están documentándose na parte máis literaria co teatro e poesía. Que prepararán? Informaremos!
Xa rematado o Nadal, voltamos ás aulas. Na escola esperaba aos nenos e nenas do Proxecto Intercentros de 4º, 5º e 6º de primaria o correo do Sistema Solar. O Sol, e todos os planetas que xiran arredor del, recibiran a súa carta de presentación e respostáronlles.
Logo de lelo, expuxérono para toda a Comunidade Escolar.
Agora no segundo trimestre, pendentes das actividades conxuntas cos outros centros , nas aulas de 4º investigarán na relación da mitoloxia e os planetas, nas de 5º elaboraran libros de lapelas en pequeno grupo sobre diversos aspectos do Sistema Solar, mentres en 6º centraranse nunha análise máis técnica: tamaño, densidade, órbita, escalas...