CLUB DE LECTURA

jueves, 27 de diciembre de 2018

Feliz Aninovo!

Güino e todo o Equipo da biblioteca deséxanvos un Feliz Aninovo.


Que o 2019 veña cheo de fartura, "Bo proveito!"
Que vexamos a estrea da vosa "ópera prima" rapazada do LÓVA.
Que sigamos navegando ata a "Illa da Fantasía".
Que investiguemos e exploremos todo o "Sisitema Solar".
Que traballemos e medremos XUNT@S!
FELIZ 2019!




Grazas pola vosa  entusiasta colaboración co "Xardín do Pasatempo", no cotiá e nas actividades complementarias, ao longo de todo o ano que xa remata. 

Como última entrada de 2018 queda o Festival de Nadal onde o Equipo das TIC´S recolleu as actuacións coordinadas pola mestra de Música e feitas co bo traballo do alumnado e profesorado.






E para 2019 xa temos o noso almanaque de peto, idea do EDLG . Olladeos na entrada da "Casqueira" o blog de Normalización Lingüística. Non cansan de lembrarnos  que 
 "O GALEGO ESTÁ NAS NOSAS MANS!"
Preme para ver os calendarios.


                                               Noraboa, traballo ben feito!

Proxecto de Investigación Intercentros "O SISTEMA SOLAR"

O alumnado de Primaria de 4º, 5º e 6º participa representando a Plutón nun Proxecto qno que participa xunto a 9 centros de Ferrolterra con nenas e nenos de diferentes idades.



A idea partiu do CIFP "Ferrolterra" que engaiolounos co seu entusiaismo polas órbitas, medidas, escalas...compartindo con todos nós os datos técnicos elaborados polo seu grupo de Formación Profesional, e convencéndonos de  que "si o Sol esivera no patio do seu centro... a órbita de Plutón pasaría polas portas do noso".
E así máis ou menos, ata acadar unha rica e variada participación intercentros que durante o primeiro trimestre investigou para coñecer o seu astro e presentarllo ao resto.

Os participantes somos:

  • En Ferrol:
  • O Sol, CIFP "Ferrolterra"
  • Mercurio, IES "Saturnino Montojo".
  • Venus, IES, "Sofía Casanova"
  • Terra, CEIP "Recimil"
  • Marte, CEIP "Esteiro"
  • Xúpiter, IES "Canido"
  • Saturno, IES " Catabois"

  • Urano, IES "As Telleiras" Narón.
  • Neptuno, IES "Fernando Esquío" Neda.
  • Plutón, CEIP "Couceiro Freijomil" Pontedeume.
Os "plutonianos" logo de investigar na biblioteca, na rede, con axuda dos materiais compartidos...
decidimos elaborar entre as seis aulas unha carta de presentación científica e imaxinativa. Partimos dun saúdo presentando datos do noso planeta anano para pasar a desenvolver unha imaxinativa sociedade, cos seus habitantes, costumes, linguaxe...e unha despedida de Nadal.
Xuntámonos todas e todos na biblioteca para ver o traballo conxunto e enviar por correo estelar a nosa primeira aportación ao proxecto.









O último día de clase chegaron outros correos estelares máis abrirémolos todos á volta de vacacións.
Ollade aquí unha referencia do correo interestelar que chegou á Terra. Está o noso! Védelo xa encadernado?




Seguiremos informando!

Poesía en familia

"A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico (eses escutoides descoñecidos até agora), nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima... "

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.

Unha das grandes temáticas   da nosa biblioteca ano tras ano é a POESÍA e desta vez chegounos da man dunha das nais do noso cole Sandra BELLÓN.  Esta xove poeta achegouse o pasado martes 18 de Nadal a presentarlle as súas poesías máis próximas á infancia e ás tradicións eumesas ao alumnado de 3º e 4º de Primaria. 

Vén de publicar o seu libro, incluido nas Recomendacións deste  Nadal para lectores adultos.


 Preme para máis información
Preme para máis información

Aquí tedes retallos desta estupenda actividade grazas unha vez máis  á colaboración das familias coa biblioteca.













Pasamos unha marabillosa mañá! Grazas Sandra!

viernes, 14 de diciembre de 2018

Imos ó cine!!

Xa chega a Nadal:  os días son curtos , arrefría, ensaiamos panxoliñas, preparamos o festival, as recomendacións lectoras para estas festas...
E este ano, o alumnado dende terceiro a sexto marcharon a Narón  ao cine. Foron ver un filme ben navideño "El Grinch".




Pasaron unha boa mañá acompañados polos seus mestres e mestras e voltaron ao cole aínda co sorriso nos beizos polas andanzas no tempo de Nadal do protagonista da pelécula.









Parabéns!



Club de lectura do profesorado

O primeiro libro do Club de Lectura do Profesorado deste curso foi "El banquete de los placeres".



Máis información premendo na imaxe.
Cando xa estamos a piques de rematar o trimestre a maioría dos participantes realizaron a última actividade arredor deste libro onde traballaron o perfil das personaxes  ao tempo que degustaron unha marabillosa cea preparada e servida polo alumnado da Escola de Hostalaría do IES "Fraga do Eume".

















Parabéns e bo proveito!!!

lunes, 10 de diciembre de 2018

Recomendacións Lectoras

O Equipo de Dinamización do "Xardín do Pasatempo" xa ten preparada a nova exposición dos andeis de novidades.
Entroutros libros atoparedes os que Güino vos recomenda para ler no Nadal, para pedirlle como agasallo aos Reis, ao Apalpador ou ao Papá Noel.












Tamén están aquí no tríptico que se vos achegará cando visitedes a biblioteca.





 Facendo clic nas imaxes dos libros atoparedes máis información.

PARA EDUCACIÓN INFANTIL:









PARA PRIMEIROS LECTORES:

                                                            















PARA LECTORES AUTÓNOMOS:

                                                                            







PARA LECTORES EXPERTOS:








                                                                                  
   
       

PARA OS CLUBS DE LECTURA:







PARA AS NAIS E OS PAIS: