Un novo volume de produción propia chegou á nosa biblioteca das xenerosas mans do alumnado de 6ºB .
Hoxe á mañá acompañados pola súa titora as nenas e os nenos de 6ºB doaron ao "Xardín do Pasatempo" o libro de elaboraron por mor do Día contra a Violencia de Xénero e que presentaron o pasado venres a todos os cursos do colexio.
Axiña estará no revisteiro de Produción Propia para ler no cole ou para coller como préstamo.
Ao longo da semana que xa rematamos nas aulas do noso colexio tratouse a problemática da violencia machista.
Ademais todos os nenos e nenas coñeceron a canción de Rozalen, "La puerta violeta". O alumnado de 6º B elaborou unha análise da súa letra e realizaron as súas propias ilustracións, logo de reflexionar sobre o seu contido.
Aquí deixámosvos o resultado desta actividade.
O venres foi o acto Contra a Violencia de Xénero que compartimos todos e todas:
Esta é “A PORTA VIOLETA", pola que entramos o venres na escola como símbolo o acceso a un mundo de igualdade e á vía de escape a situacións de violencia machista.
A
chave que levabamos no colo di que cada un de nós vai ser a chave que peche a
porta á violencia.
Entre todas
e todos construímos unha gran chave que abrindo a porta da igualdade
peche a porta á violencia.
Cando puxemos cada un a nosa chave cantamos a canción de Rozalem que inspirou este acto de denuncia e sensibilización e que simboliza un cambio na nosa sociedade que aínda ten demasiados comportamentos
machistas:
Comportamentos tremendos como a violencia contra as mulleres que
leva a algunhas a morrer a mans das súas parellas.
Outros máis sutís e
aceptados pero que tamén danan o desenvolvemento en igualdade das mulleres e
homes: A linguaxe sempre en masculino, as roupas que non propician o movemento
das nenas, os xoguetes sexistas, algúns costumes, as relixións...
Como cada ano festexamos no outono ademais do Samaín o Magosto, este ano ollandoas cos lentes das Festas Culinarias dentro do noso proxecto Bo Proveito!
Coa celebración do Magosto fixemos coincidir o Día do Peón.
Ollade no blog do EDLG, "A Casquiera" e na páxina do cole a información destes actos