Este curso o noso Proxecto Documental
Integrado, BO PROVEITO!, ten como tema a ALIMENTACIÓN.
Enmarcada neste proxecto, todo o profesorado do CEIP Couceiro Freijomil
tivo o martes pola tarde unha charla informativa sobre a celiaquía a cargo da
Asociación de Celíacos de Ferrolterra.
Elena Carneiro, acompañada por Carmela, explicounos que
é a enfermidade celíaca, proporcionounos información interesante e deunos
importantes pautas de actuación.
Ademais, enriqueceu o documentación que estamos a recompilar para o PDI deste curso, con follectos e libros sobre o tema.
Moitas grazas!