CLUB DE LECTURA

martes, 27 de marzo de 2018

Día da Poesía e do Teatro

Como  remate do 2º trimestre realizamos un Festival onde poidemos asistir a dúas obras de teatro a cargo de 2º A e 5º A e B e  un recitado de poesías a cargo de 3º e 4º . Os presentadores foron María de 6º A e Xoán de 6º B.




Abriuse o pano coa primeira actuación:

“O MOMENTO PERFECTO” , unha obra teatral de Susanna Isern posta en escena por 2º A. Fálanos da xenerosidade e do agradecemento, da amizade e da importancia de dedicar un instante a quen o necesita a pesar de ter présa.

Esta é unha historia para preguntarse sobre que é o que decide se un momento é perfecto ou non o é.






Despois do teatro chegou  a poesía de 3º e 4º. Veñen de coñecer a ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO que é Premio Nacional de Literatura e tráennos unha escolma de poesías do seu último libro “POEMAR O MAR”.







Ollade a posta en escena de 5º A e B da obra de Chus Pereiro "Ai mamasiña, que medo!"
Son bruxas, vampiros, morcegos pantasmas,... Mamasiña, que medo! é unha obra de medo... para morrer de risa.




Como broche final deste Festival da Poesía e do Teatro, este ano temos a honra de convocar o X Certame de Poesía “Couceiro Freijomil”. A temática das poesías a  presentar neste certame,  como seguro que xa suporedes, é O MAR.




Esperamos polos vosos poemas. Escoitarémolos no Festival das Letras Galegas! 



Grazas pola vosa participación e felices vacacións!

lunes, 26 de marzo de 2018

"Alén do Mar con 3º e 4º de Primaria

O alumnado de 4ºA e B está a investigar sobre as algas, ademais de participar en todas as actividades comúns ao PDI "Alén do mar" :

  • Realizoaron visitas xa no primeiro trimestre, a Portomuíños e  no 2º ao Acuarium Finisterrae
  •   Están a facer unha colección de algas, que recolleron na ribeira, secándoas na aula.



E nos últimos días do trimestre transmitiron a súa experiencia aos nenos e  nenas de terceiro de Primaria que aprenderon un montón de cousas sobre elas .Puideron velas, tocalas, saber das súas utilidades e outras curiosidades.
O alumnado de 3º cóntaronolo no seu blog, premede na imaxe e veredes.




Noraboa a todo o alumnado de cuarto e aos seus mestres!


E o alumnado de 3º está a investigar nas rutas mariñas e nos grandes exploradores.

Ademais, participan  nas actividades do PDI: Nos últimos días elaboraron a súa poesía para o Día Internacional do Mar, recibiron a García Teijeiro, recitaron as súas poesías no Festival da Poesía e do teatro,...

Como remate de trimestre amósannos os últimos traballos realizados dentro do Proxecto "Alén do Mar" centráronsese en Cristovo Colón e Marco Polo.
Aquí queda unha mostra do bo traballo da rapazada de Terceiro de Primaria.

miércoles, 21 de marzo de 2018

Antonio García Teijeiro visita o noso cole.

O pasado luns, 19 de marzo, o alumnado de 3º e 4º que estivo a traballar a poesía  co libro de García Teijeiro , "Poemar o mar", recibiu no noso "Xardín do Pasatempo" ao Premio Nacional de Narrativa Infantil e Xuvenil 2017, ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO. 


Preme na imaxe para ter máis información da obra e o autor.




Nenas e nenos pasaron un tempo estupendo mentres, guiados pola maestría do escritor, xurdían palabras , versos e ata poemas de mar.





Ao tempo que lembraban na compaña de Teijeiro moitos fragmentos  do seu poemario do mar e que  esta rapazada xa sinte como propios; tan coñecidos e benqueridos que atrevéronse a poñerlles música.







Para rematar a sesión asinounos os volumes do seu libro que achegamos.




Grazas Antonio, por esta marabillosa mañá !

jueves, 15 de marzo de 2018

Día Internacional do Mar


A Organización Consultiva Marítima Intergobernamental(OCMI) das Nacións Unidas, con sede en Londres, decidiu en 1978 que o día 17 de marzo de cada ano se celebre o Día Internacional do Mar.


A ONU nomea os Días Internacionais para sensibilizar, concienciar, chamar a atención, sinalar que existe un problema sen resolver, un asunto importante e pendente nas sociedades para que, a través desa sensibilización, os gobernos e os estados actúen e tomen medidas ou para que os cidadáns así o esixan aos seus representantes.

O 80% das  substancias que contaminan o mar teñen a súa orixe en terra. Aproximadamente un terzo da contaminación que chega aos mares empeza sendo contaminación atmosférica pero despois acaba caendo aos océanos. As verteduras son a principal fonte de contaminación das costas. Na maior parte dos países  en vías de desenvolvemento e en moitos dos desenvoltos as verteduras das cidades adoitan ir directamente ao mar sen depuración previa . 
O mar está en perigo!!!

Nos seguintes videos podedes coñecer algúns dos perigos do mar.













Mañá, venres 16,  á entrada realizaremos un pequeno acto festivo onde cantaremos e recitaremos poemas .


Comezaremos coa cantiga do mar que teñen preparada as nenas e nenos de E. Infantil.





A continuación o alumnado de 1º a 4º recitará poemas de mar que escribiron en grupo nas súas aulas.
















Remataremos coa canción que o profe Emilio está a preparar co alumnado de Primaria.








Moitas grazas a tod@s pola vosa participación!

Nesta última semana do 2º trimestre o alumnado de sexto adicouse a investigar, e plasmar a información sobre a contaminación do mar.Este tema, é de gran interese, tanto para o alumnado de sexto, coma para calquera un pouco preocupado pola contaminación de gran parte do noso planeta.

Traballamos en equipo e plasmamos as nosas pescudas nuns "lapelabooks2, libros de lapelas, ben chulos!
Comprobádeo vós mesmos!








domingo, 11 de marzo de 2018

Exposición Banda Deseñada

Por fin chegou a colección de  cómics ao noso cole.Emprestados polas Bibliotecas Escolares de Galicia levábamolos esperando tempo, pois queriamos facerlle unha homenaxe aos TBO polo seu centenario que foi o pasado ano.

Tan popular foi o ‘ TBO’ que a Real Academia Española incluíu en 1968 a palabra “cómic” como xenérico de publicación infantil e de historietas e a expresión «estar moi visto cun TBO”.





Podedes visitar a exposición e coller cómics para levar ás bibliotecas aulas. Ide co voso mestre ou mestra e que vos amose os diferentes exemplares que hai: En galego e en castelán , dende os máis clásicos ata os máis modernos, a toda cor e en branco e negro.






Logo de botar un ollo a toda a colección escollede algúns para levar á vosa clase. Lembrade apuntalos no listado.















E or si ademais de ler queredes facer historietas en banda deseñada, nesta presentación bótavos unha ma, a gran Mafalda.



domingo, 4 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER



Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Este ano imos botar unha ollada á MULLER que traballa no MAR.



O alumnado de 5º e 6º está a investigar sobre os traballos desenvoltos polas mulleres da nosa zona no ámbito mariño: Mariscadoras, peixeiras, redeiras e traballadoras nas conserveiras centrarán as súas pescudas.

Ao remate exporán nun gran mural as informacións destas catro profesións e invitarán a todo o cole a coñecer e valorar o traballo de moitas das súas nais, avóas, tías, veciñas, etc.


Abelardo Miguel, pintor eumés,, representou moitas mulleres do mar


Para abrir boca traballaron con  montaxes que  falan do papel da muller na economía galega, en xeral, e nos traballos de explotación das riquezas do mar en particular.
















Informáronse para  recibir nas aulas a familiares que lles falaron máis polo miúdo do seu traballo.

Veu Mabel, a peixera dun supermecado da vila, que é a nai de Óscar,un alumno de 6º.
 Falounos da súa formación, das diferentes tarefas que realiza no seu traballo, dos tipos de peixes, da súa selección e coidado, da importancia da seguridade e hixene, etc.





O alumnado de 5º convidou a Loli, que é mariscadora e veu cargada con todas as súas ferramentas e transmitiunos diversos aspectos do seu oficio, o cultivo nos parques, diferentes zonas de extracción, horarios de traballo, prezos dos moluscos,...


E a última conferencia , pero non menos importante foi a de Carmen, a tía avoa de Carla e Brais, de 6º.
Carmen, que xa ten 80 anos, falounos da vida tan diferente dos nenos, e sobre toda das nenas,  da súa xeración con respecto ás nenas e nenos de agora. Que cedo comezou a traballar! Na casa, indo á marea, servindo,...
Sobre todo centrou a súa charla no tempo que traballou no País Vasco nunha conserveira de bonito e anchoa e en Ares na fábrica de salazón. Traballos só de mulleres, que ela desenvolveu arredor de 10 anos moi a gusto a pesar da dureza e poucas garantías laborais.



Aquí queda a montaxe desta estupenda experiencia. 
GRAZAS  a estas marabillosas MULLERES TRABALLADORAS!!!





A experiencia de vida destas mulleres serviunos para coñecer os principais  oficios relaccionados co mar das eumesas.

O alumnado de 5º e 6º elaborou un gran mural para amosar a gran importancia destes traballos principalmente femininos.

Con textos e imaxes e convidando a participar a todo o colexio esperamos por en valor a importancia do mar e das mulleres do mar na economía da nosa vila.



O mural rematarémolo mañá 8 de MARZO entre todo o cole achegando a valoración do traballo no mar da nosa nai, tía, avoa, veciña...






Un ano máis Güino seleccionou unha colección de libros que nos falan de igualdade, de colaboración, de coeducación...
Podedes collelos para ler na clase ou para ler en familia nas vosas casas.