CLUB DE LECTURA

jueves, 15 de junio de 2017

Para ler no verán.

Xa veñen as vacación  e, como sempre, Güino escolleu para nós libros para que nos acompañarán este verán. Pasade pola biblioteca para botarlles un ollo.

Hai libros de aventuras, con puzles, de realidade aumentada, ecoloxistas, de misterio ...Unha manchea de historias que farán do noso lecer un tempo cheo de imaxinación e mundos novos.







Collede un tríptico con todalas recomendacións. Tamén para pais e nais!

No noso moble de exposicións están tamén exemplares froito da produción propia do cole este curso. Están os "Contos en Familia" e  "Contadeiros", elaborados a proposta de Dinamización Lingüística en colaboración coas familias de Primaria; e o Xornal Escolar "Abrente" que este curso recolle parte dos traballos elaborados dentro do Proxecto D.I."As Fragas do Eume".






Esperamos que vos gusten!
Feliz verán!

miércoles, 7 de junio de 2017

Exposición materiais do Proxecto "As Fragas do Eume"

Xa estamos ben preto do fin de curso e a entrada do noso cole encheuse con gran parte dos materiais do proxecto que centrou este semestre.
Cada curso aportou os produtos táctiles da súa investigación e colgou no blog os materiais dixitais para que se podan ver tamén na pantalla da entrada.
Do 6 ao 23 de xuño a exposición está aberta a toda a comunidade. Hai xogos , maquetas, murais, libros , álbumes, mapas a escala con códigos QR,..
Agradecemos ás familias, coma sempre, o seu interese e a súa colaboración, aos traballadores do  Parque Natural pola súa acollida e acompañamento na investigación dos diferentes grupos, a Secundino, o mestre da Capela por amosarnos os Muíños do Sesín e o Museo Etnográfico e á Biblioteca Municipal que cedeu parte dos volumes incluídos na documentación inicial deste proxecto.






PDI 3º e 4º: ANIMAIS DAS FRAGAS DO EUME

Despois de todo o traballo feito para desenvolver o proxecto 
"PDI As Fragas do Eume" sobre a fauna nas fragas,  coa visita
ao parque,   recollida de información,  investigación
 bibliográfica e nas páxinas web e selección de materiais.. xa podemos
por fin  escomezar a albiscar  o resultado final do traballo.


viernes, 2 de junio de 2017

Álbum Bilingüe das Fragas do Eume

Dende o 27 de marzo o alumnado do noso centro estivo a participar nunha nova edición do álbum bilingüe que este ano ten como temática As Fragas do Eume, xa que no noso centro este curso estamos a desenvolver un proxecto sobre elas.
A elaboración do álbum ten como obxectivo fundamental fomentar o uso da lingua galega e inglesa no noso centro.


En Educación Infantil elabórase un único album xigante entre todo o alumnado da etapa coa axuda da mestra especialista en inglés mentres que en primaria cada clase se divide en varios equipos, cada un co seu álbum. Para poder completar o álbum van pegando os cromos que lles van dando os mestres e escreben a palabra que falta ben sexa en galego ou en inglés (para iso deben fixarse nas imaxes que están colgadas no corredor).


Esta actividade favorece o traballo en equipo. As vantaxes de traballar en equipo son moitas:

Favorece o traballo colaborativo.
Mellora a comunicación.
Axuda a motivarnos.
Complementa habilidades.
Ofrece oportunidades.
Xuntos somos máis creativos.

Hoxe, como remate da actividade, entregáronse os premios.