CLUB DE LECTURA

jueves, 26 de enero de 2017

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Gúino enterouse de que o luns imos festexar a PAZ, e como xa é costume, imos soltar  pombas mensaxeiras para que espallen os nosos desexos de Paz polo mundo.

Parece que sentiu ciumes das súas parentas as pombas e mándanos estes agasallos adiantados:

Unha cantiga que lle pediu a Paco Nogueiras. Como  estivo onte na nosa biblioteca deixóunola de regalo.
Escoitade que axeitada para estas datas!!!





E unha peli tan curta como bonita,A que si!!!





NON ESQUEZADES POÑER A VOSA FOLLA NA ÁRBORE DA PAZ QUE MEDROU NA ENTRADA DO NOSO COLE.



Ademais de encher de follas o noso Carballo da Paz, fomos tod@s convidados a escoitar o conto realizado por 1º e 2º de Primaria:


"A PAZ CHEGOU ÁS FRAGAS DO EUME"



A narración levárona a cabo alumnos e alumnas de sexto. MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN!!!
Todos os cursos do cole visitamos a biblio na hora de ler para presenciar a narración co "kamishibai".


Aquí vos deixamos un dos pases desta semana.


O LUNS, DÍA 30, COMO VÉN SENDO TRADICIÓN, TODOS XUNTOS NO PATIO DE PRIMARIA, FIXEMOS A SOLTA DE POMBAS MENSAXEIRAS MENTRES O ALUMNADO DE SEXTO INTERPRETABA COAS FRAUTAS "Viva la vida" de Voldplay.
DÍA DA PAZ 2016-17 on PhotoPeach


miércoles, 25 de enero de 2017

Animación á lectura para Educación Infantil

Veu á nosa biblioteca Paco Nogueiras.
Güino convidouno e el contou e cantou tres libros de Kalandraka.



Estes libros están nos andeis de infantil para todos os nenos e nenas do cole. Animádevos e levalos a casa  para contarllos e cantarllos aos papás e mamás.


                







Lembrade que boa mañá pasamos en compaña dos libros de Kalandraka e de Paco.









Aquí estades toda e xente miúda do cole, pasando un bo rato con Paco Nogueiras.
Que boa idea tiveron Güino e Kalandraka, non é?


miércoles, 11 de enero de 2017

DOCUMENTACIÓN INICIAL PDI "AS FRAGAS DO EUME"

GÜINO buscou, para que comecemos a investigar,a  bibliografía que tedes na exposición da entrada da biblioteca.



                                       


               




Tamén pescudando na rede seleccionou esta documentación.
Premede nos enderezos para acceder ás diferentes informacións.

RELACIÓN DE ENLACES WEB SOBRE OS DIFERENTES CONTIDOS DO P.D.I.:

QUE É UN PARQUE NATURAL?

·         O P.N. DAS FRAGAS DO EUME:

1.       LOCALIZACIÓN

2.       EXTENSIÓN

·         A FLORA


·         A FAUNA


·         A PAISAXE


·         INFLUENCIA DO HOME
http://unclaronobosque.prazapublica.com/post/20406720505/nin-as-fragas-do-eume-est%C3%A1n-a-salvo-do-lume

·         ARTE
1.       LITERATURA POPULAR
http://www.turismoaspontes.com/gl/as-fragas-do-eume/
http://josefonte.jrdweb.es/libro/lenda-da-serea-da-fonte-encantada-das-fragas-do-eume-que-seica-hoxe-vive-preto-do-mour%C3%B3n
MOSTEIRO DE CAAVEIRO




Proxecto Documental Integrado"As Fragas do Eume"

Comezamos un novo ano dando os primeiros paso dentro dun proxecto onde traballaremos todas as aulas do noso cole.

A temática do proxecto permitiranos coñecer o patrimonio material, inmaterial e ambiental do parque natural "As Fragas do Eume", próximo ao noso colexio.
Ánimo"Couceiristas", temos un semestre por diante, así que a traballar como acostumamos:"Sen présa, pero sen pausa

Para abrir boca,ollade que video tan chulo!!!




As fragas están esperándonos, seguro que xa fúchedes algunha vez pero agora imos visitalas para observar, coller información, explorar, investigar e entre todos realizar un traballo por proxectos para chegar a fin de curso sendo uns profundos coñecedores dos tesouros que agochan As Fragas do Eume.