Aquí tedes a montaxe co Festival de Nadal. Ollade os bailes, as panxoliñas, o teatro e as mensaxes de Nadal tan fermosas que elaboramos coa participación de todo o cole.
Ata o ano que vén!
Grazas ao traballo conxunto do Concello de
Pontedeume, o ilustrador Pepe Carreiro e Ediciones Bolanda, e coincidindo coas
pasadas Festas das Peras de Pontedeume, edítouse o libro infantil «Os bolechas
veñen ás Festas das Peras de Pontedeume».
Esta edición infantil ten coma obxectivo,
ademais de fomentar a lectura, mellorar o coñecemento que os peques teñen do
patrimonio da vila, xa que a família dos Bolechas aproveita a aventura para
coñecer os principais reclamos turísticos do municipio.
Comezamos o trimestre coa publicación do
libro. Premede na imaxe e veredes como coñeceron o libro os maiores de infantil xusto ao comezar o cruso.
Rematámolo coa visita do seu autor que asinou este e outros
exemplares dos Bolechas.
Pepe Carreiro ten ademais moitas outras obras. Algunhas delas, para os máis grandes do cole,podédelas atopar nos andeis de banda deseñada ca nosa biblioteca. Premede nas imaxes se queredes informarvos sobre estes comics.
Cando os días son moi curtos e axiña chega a noite, cando o frío chega á nosa vila facendo que poñamos gorros, bufandas e luvas;chega o inverno e con el O TEMPO DE NADAL.
Como cada ano Güino e os seus colaboradores traballaron arreo para ter o moble exposición cheo de novidades e recomendacións para pedir como regalo de Nadal o aos Reis.
Tamén elaboraron uns follectos que nos axudarán a pedirlle a PAPÁ NOEL ou na CARTA dos REIS aqueles libros que máis nos gusten.
Non esquezades mirar todos os libros antes nos andeis da entrada do noso Xardín de Pasatempos.
Este ano o noso gardán da biblioteca agasállanos con un conto para os máis pequenos e os máis grandes, xa que a todos ás veces se nos enguedellan as emocións.