Este ano o Entroido xa está soando, pero non por iso imos deixar de prestarlle a atención que merece un día coma este.
O alumnado e profesorado do 1º ciclo de primaria fixeron este mural tan chulo que pouco a pouco vaise enchendo coas pombas de desexos de paz que o resto do alumnado vai deixando.
Os encargados do Manifesto da Paz foron os alumnos e alumnas de 6º de primaria que leron para toda a comunidade educativa do Couceiro o seguinte texto:
DÍA DA
PAZ E A NON VIOLENCIA 2016
No concello de Pontedeume, onde
vivimos e estudamos, onde nos divertimos e nos formamos como persoas. No Couceiro
Freijomil, hoxe, conmemorando o Día da
Paz e a non violencia do ano 2016, conscientes
de que habitamos nun mundo con demasiada
guerra e violencia, coñecendo por propia experiencia e polas novas que cada día nos achegan os
medios de comunicación , que a violencia segue a estar presente en países veciños, nas
nosas cidades, dentro das escolas e, por desgraza, cada día máis dentro de moitos fogares...
NO
DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON-VIOLENCIA
manifestámonos e pronunciámonos como nenas e nenos que soñamos con ser mulleres e homes nun planeta en harmonía entre as xentes e paz
entre os pobos.
Soñamos que
chegará un día no que as fronteiras racistas desaparezan, no que as distintas
culturas e linguas non serán un problema de comunicación que sirvan para
diferenciarnos dos demais, senón para unirnos.
Soñamos cun día
no que cada pobo se desenvolva só, que os máis fortes e poderosos non se
impoñan sobre os débiles, que só o progreso sexa o que se note. Este é o nosos
soño.
Soñamos con que
chegue o día no que os comentarios e condutas machistas cesen, e no que os
nenos e nenas se traten igual uns aos outros para ser adultos tolerantes.
Soñamos co día no
que non teñamos en conta as diferenzas de sexo e de raza, porque o máis
importante consistirá en ser persoas.
Soñamos co
día no que no noso cole, nos recreos,
todos os males como as pelexas, insultos, ameazas e desconfianzas desaparezan
por e para sempre.
Soñamos co día no
que todos os fogares sexan o espazo onde
os adultos cada día recobren a bondade que tiñan de nenos e nós, os pequenos que vivimos con eles, medremos cuns ollos limpos e un corazón forte.
Soñamos co día
no que ninguén lembre as palabras refuxiado, terrorista, violador,
narcotraficante, escravo,... Porque, sen estas palabras, as guerras e mortes
serán o pasado.
Soñamos que
chegará un fermoso día no que os elementos da natureza, as montañas e os
bosques, os mares e os peixes, o aire, as plantas, os animais e o home serán
pureza e harmonía natural.
SOÑANDO E CONSTRUINDO XUNTOS ACADAREMOS UN MUNDO NOVO ONDE POÑA SOLIDARIDADE E LIBERDADE!
E para rematar con este sencillo pero importante acto, a tradicional solta de pombas que, como sempre encantou a pequenos e maiores.
SIGAMOS SOÑANDO POR UN MUNDO DE PAZ!!