Dende o noso particular "Xardín do Pasatempo" queremos convidarvos a visitar a biblioteca municipal de Pontedeume, onde poderedes atopar unha exposición sobre "Xardín do Pasatempo", o libro do eumés Ramiro Fonte que da nome á nosa biblioteca.
Dende a biblioteca anímanvos a facervos unha foto diante da casa de Ramiro, e cando vaiades a ver a exposición sobre este libro agasallaránvos cun exemplar do mesmo.
Nesta exposición poderedes ver, entre outras cousas, as ilustracións do libro, que son obra do ex-alumno do Couceiro, Jacobo Muñiz.
Na nosa biblio temos a sorte de contar con tres orixinais que Jacobo regalounos fai uns anos, e que ocupan un lugar privilexiado no noso "Xardín do Pasatempo".
Animádevos a facervos a foto e visitar a exposición que tedes ata finais do mes de Novembro para facelo!!
CLUB DE LECTURA
▼
martes, 24 de noviembre de 2015
jueves, 19 de noviembre de 2015
Outono festeiro
A semana pasada, coincidindo día de San Martiño, celebramos no cole o día do Peón e o Magosto.
Foi un día de moita festa, troula e xogo.
Pero toda celebracion leva un traballo previo asociado e, neste caso, o alumnado de 6º de Primaria do grupo de mantemento da biblio, fixo recompilación da nosa literatura popular que plasmou en varios murais informativos que decoran agora a biblioteca e o corredor.
Foi un día de moita festa, troula e xogo.
Pero toda celebracion leva un traballo previo asociado e, neste caso, o alumnado de 6º de Primaria do grupo de mantemento da biblio, fixo recompilación da nosa literatura popular que plasmou en varios murais informativos que decoran agora a biblioteca e o corredor.
Son chulos, verdade?
O mesmo alumnado foi o encargado de ler o manifesto que limos antes de empezar a xogar coas nosas buxainas:
Para chegar á miña
orixe hai que remontarse a tempos que se perden na memoria;esta está nun buxo.
Fixéronme no banco de desvastar dun zoqueiro; chantáronme un cravo medio
enferruxado e déronme un xeito que semellaba unha pera. De seguido cun cordello
medio esfiañado enroscáronme e chimpáronme con forza ao chan e eu dei en virar
e virar sen campanear. Gardáronme nunha caixiña.
Ao cabo duns día o
zoqueiro ofreceulle aquela caixa ao seu neto, Lelo. Abriuna e, ao verme ,
alumáronselle os ollos. Desde aquela estivemos xunguidos o un ao outro; sempre
que tiña ocasión, xa fora camiño da escola, no recreo... botábame unha
bailaretada de cando en vez.
Lelo e eu, eu e
Lelo, chegamos a ser uns campións.
Pero Lelo medrou e
chegou un momento en que só el andaba cun peón a cotío. Cun sorriso deume un
bico, meteume na caixiña e gardoume no baúl dos recordos.
Alí quedei para
sempre, ou a lo menos iso cría. Ata que un día recoñecín a voz e o sorriso do
Lelo que a goma do tempo aínda non dera borrado. Xa non era aquel compañeiro de
xogos e viña cunha nena. Presentounos: “aquí o meu Viravira e esta é Xela, a
miña neta.
Logo me afixen a
ela; máis custoume axeitarme ao novo mundo. Mudaran moitas cousas ao longo
daqueles máis de 60 anos que eu pasara no baúl.
Un día levoume á
escola, que pouco se parecía á de Lelo. Ía celebrarse o Día do Peón. Xela
–grazas ao seu avó- era a mestra das mestras bailándome. Sentíame moi feliz con
outros peóns. Tamén descubrín neses días cousas moi interesantes que nin
sospeitaba.
A primeira foi que
disque ata había pouco era o rei de todos os xogos, que tiña irmáns- grandes e
pequenos – espallados por todo o mundo, con nomes tan chusqueiros como buxaina,
trompo, baldufa, pirinola...
A segunda que, os
rapaces agora non xogan fóra porque teñen consola, en troques de asubiar
mándanse guasás e cambiaron o io- ió polo Pocoió e ao peón polo esmarfón
Por iso, o Día do
Peón ven a ser unha ocasión inmellorable para homenaxear aqueles enredos e
xogos, agora esquencidos, e na medida do posible recuperalos.
O día chegou!!!
Adiante rapaces e rapazas!
Enroscádeme a piola porque sen capa non podo bailar.
Erguede os brazos ao ceo!
Á de unha, á de dúas e á de tres, lanzádeme a todo
fungar!
Eu virarei e virarei...polo medio e o arredore
E vós, nenos e nenas, mantede vivos os xogos de sempre.
( Adaptación do manifesto escrito por Secundino García Mera)
Podedes desfrutar recordando connosco os mellores momentos dese día con estas imaxes:
VIVA O MAGOSTO!
VIVA O PEÓN!
VIVA O OUTONO FESTEIRO!!
lunes, 9 de noviembre de 2015
Unha semana terrorífica!!
Durante a pasada semana todo o cole mergullouse na celebración do Samaín a nosa biblio transformouse nun lugar arrepiante onde durante todos os días na hora de ler os monstros, bruxas e demais seres terroríficos cobraban vida para goce de pequenos e maiores.
Os nenos e nenas dos distintos ciclos foron participando nesta actividade na que as distintas mestras e mestre deron vida a "Un pesadelo no meu armario", "A bruxa regañadentes", "A min no me comas!", "Raquel ten medo" e "Arrepíos e outros medos".
Foi unha experiencia estupenda, non sí?
Deixámosvos tamén o vídeo con todas as cabazas que os rapaces e rapazas do Couceiro trouxeron ao cole para espantar, e abraiar a partes iguais, a compañeiros e profes. Son máis de 300 así que moito ollo para atopar a vosa!!
Coma sempre, moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración nesta festa.
Ata a próxima semana do medoooo!!!
Os nenos e nenas dos distintos ciclos foron participando nesta actividade na que as distintas mestras e mestre deron vida a "Un pesadelo no meu armario", "A bruxa regañadentes", "A min no me comas!", "Raquel ten medo" e "Arrepíos e outros medos".
Foi unha experiencia estupenda, non sí?
Deixámosvos tamén o vídeo con todas as cabazas que os rapaces e rapazas do Couceiro trouxeron ao cole para espantar, e abraiar a partes iguais, a compañeiros e profes. Son máis de 300 así que moito ollo para atopar a vosa!!
Coma sempre, moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración nesta festa.
Ata a próxima semana do medoooo!!!