CLUB DE LECTURA

lunes, 26 de mayo de 2014

Encontro con Iago.


O alumnado do PRIMEIRO CICLO  de PRIMARIA asistiu a un encontro co contacontos IAGO

Previamente prepararan  o conto O APRENDIZ DO HOME DO SACO nas respectivas aulas e neste encontro  con IAGO,  participaron, comentaron, reviviron...esta hiostoria  e pasaron un rato moi, moi divertido  con este home  moi vello que estaba amolado porque o seu único fillo non quería herdar o seu oficio. Todos os días o pai, chovese ou non, tiña que ir traballar, mentres o fillo quedaba estomballado na casa agardando a hora do xantar. Pero un día todo cambiou: o pai enfermou e o rapaz tivo que aprender en pouco tempo os trucos para ser un bo home do saco.



contacontos anaya from JULIO PAMPIN COLOMA on Vimeo.

jueves, 22 de mayo de 2014

Día de Europa.

O alumnado de Atención Educativa de 6º de primaria está a desenvolver este curso o Proxecto “A Unión Europea”.

Nunha 1º fase elaboraron, en pequenos grupos, fichas técnicas dos países membros da UE. Baseándose nestas fichas e utilizando o “libreofficeimpress” realizaron unha presentación audiovisual de cada país.

Ao remate puxéronse en contacto coas embaixadas para recompilar materiais (DVD, CD música, mapas,selos,...)
A exposición sobre Europa que está aberta ao público na entrada do noso centro dende o DÍA DE EUROPA( 9 de maio) recolle os materiais achegados polas embaixadas e os elaborados polo alumnado.

Ao remate do proxecto cada grupo presentará os países traballados acompañándose da presentación por eles elaborada ao resto do alumnado de 6º.

Letras Galegas 2014

O pasado 16 de maio celebramos, como todos os anos, o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS


Este ano 2014 estivo adicado ao poeta da XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO do que o alumnado de sexto realizou un percorrido pola súa biografía e a súa obra, para que toda a comunidade educativa coñecese máis a fondo a un dos mellores escritores galegos do século XX.









Posteriormente realizouse a presentación pública dos dous CONTOS VIAXEIROS realizados colaborativamente por todo o alumnado do colexio ao longo do presente curso.




















Por último tivo lugar a fase final do VI CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL" e que,  como en anos anteriores, rexistrou un importante número de participantes e un aumento na calidade das poesías presentadas conseguido co traballo previo realizado nas aulas sobre distintas técnicas de realización da poesía.

Hai que dar os parabéns a tod@s polo esforzo e calidade dos traballos presentados. 



PREMIOS:
  • Educación Infantil: premio colectivo. 
  • 1º ciclo: 
    • Daniel Gonzalez Herreros - 1ºA - (1º Premio)                                  
    • Sabela Días Rodríguez - 1ºB - (finalista)
    • Celia Freire Bouza - 2ºA - (finalista)
  • 2º ciclo: 
    • Pablo Gómez Prego - 3ºB - (1º Premio)
    • Marta Meizoso Pereira - 3ºA - (finalista)
    • Diego García Legarra -  4ºA - (finalista)
  • 3º ciclo: 
    • Cástro Regueira Dosil- 5ºB - (1º Premio)
    • Daniel Arias Fachal - 6ºB - (finalista)
    • Yashmina Díaz Martínez - 6ºB- (finalista)

Grazas tamén ao bo facer do gaiteiro, o alumno de sexto MANUEL JOSÉ ALLEGUE que amenizou os intermedios do certame coas súas interpretacións.



Rematou o acto con todos os asistentes  cantando e bailando   coa cantiga de Paco Nogueiras O MEU MUNDO É!!!, e bailando no patio coa música de Los Fenómenos!!


lunes, 5 de mayo de 2014

Chegan os Maios 2014!!

Coma todos os anos, celebrouse no noso centro a tradicional festa dos Maios.

Este ano foi o día 30 de abril, data na que coa colaboración de toda a comunidade educativa, realizáronse catro maios, un por cada ciclo.

As familias aportaron verde (fiuncho, hedra, xestas e mirto entre outras) e flores de todo tipo; e ademáis en Infantil e 1º ciclo de primaria contamos coa magnífica colaboración de nais, pais e ata algún avó, que non dubidaron en poñerse mans a obra para que os Maios quedaron así de bonitiños!!!

A actividade nos días 29 e 30 de abril foi frenética en todo a centro co fin de ter a punto os maios para o desfile.
O resultado foron catro preciosos maios que podedes ver nestes videos.

O tempo impediu que o traballo lucirase no patio exterior, pero o desfile polo corredor principal do centro tamén é magnífico, non sí?

O día 1 un equipo de mestres, alumnos e familiares pasearon os Maios e as cantigas eleboradas conxuntamente pola vila e acudiron ao concurso organizado polo Concello.

Foi unha mágoa que esté ano non levaramos ningún premio porque un traballo como o realizado pola nosa Comunidade Educativa é sempre de admirar e gabar.






Por todo isto, NORABOA A TODOS, E MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR CON TANTA ILUSIÓN!!!