O primeiro trimestre está a piques de rematar, e dende Bibliocouceiro desexámosvos que pasedes unhas fantásticas vacacións.
Neste tempo de lecer de seguro atoparedes ratiños para estar en familia, xogar, descansar... e tamén para ler.
Así que, outro ano máis, elaboramos unha selección de lecturas para que podades gozar con elas.
Esperemos que vos gusten moito.
Se queredes máis información sobre os libros e contos podedes consultar as webs das distintas editoriais ou visitar a exposición que está na entrada do cole.
Bo Nadal e boas lecturas.
Vémonos no 2014!!!
CLUB DE LECTURA
▼
lunes, 16 de diciembre de 2013
martes, 10 de diciembre de 2013
Nelson Mandela
Hoxe, 10 de decembro, conmemórase en todo o mundo o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS.
Este ano coincide esta data coa despedida, que se celebra en SUDÁFRICA, a NELSON MANDELA.
O seu corazón apagouse pero o seu legado e eterno sorriso quedarán connosco para sempre.
Madiba, como se lle coñecía cariñosamente loitou toda a súa vida contra as diferenzas de clases e razas e, aínda que estivo preto de 30 anos no cárcere polas súas ideas, convertiuse nun símbolo mundial da liberdade e da tolerancia.
Grazas ás bibliotecas do CEIP A MAÍA de Ames e a "Chispa" do CEIP DE PAZOS por compartir uns estupendos materiais.
martes, 26 de noviembre de 2013
Acuario
O pasado venres,22 de novembro, María Canosa presentou o seu poemario dramatizado "ACUARIO".
Ao acto que tivo lugar na Casa da Cultura de Pontedeume, asistiu o alumnado do PRIMEIRO CICLO do noso centro.
Pasárono en grande cos diferentes persoeiros dos fondos mariños que foron desfilando polo escenario. Na representación participaron, a propia María Canosa e o grupo de teatro dos Ghazafellos.
Os peixes, como habitantes do mar; troitas, sollas, polbos,robalizas, ...; tiveron o seu protagonismo.
Entre todas as especies hai un fío condutor, que é vivir no seu medio e interactuar cos elementos que se atopan de distinto xeito dende a area ata un barco pirata que hai afundido, ao mesmo tempo que tamén se van vendo as súas diferentes personalidades.
Parabéns pola representación, a organización,... e a mensaxe!!!
miércoles, 6 de noviembre de 2013
Xa está aquí....Astérix e os Pictos!!!
Efectivamente, xa chegou aos andeis da nosa biblioteca unha nova aventura de ASTÉRIX...Despois de cincuenta e catro anos chega o tomo número 35 (décimo publicado en galego) e toman o relevo un novo escritor, Jean-Ives FERRI e un novo debuxante, Didier CONRAD que sustituen a Albert UDERZO que traballou en solitario ata o álbum conmemorativo dos 50 anos desde o falecemento (1977) do guionista e escritor René GOSCINNY. Gozade coas aventuras de ASTÉRIX o heroe destas aventuras, con OBÉLIX o seu inseparable amigo e de profesión repartidor de menhires...e, non está gordo, non...!!!
Os Pictos? Así é, os Pictos! Estes pobos da antiga Escocia, valentes guerreiros de varios clans, cuxo nome, adxudicado polos romanos, significa literalmente "os homes pintados".
martes, 5 de noviembre de 2013
Celebramos o Samaín 2013!!
Este ano, como xa ven sendo tradición, o noso cole encheuse de cabazas, morcegos, pantasmas... e demáis seres terroríficos para celebrar a festa do Samaín.
Dende Bibliocouceiro preparamos unha exposición de contos e libros de medo, de xeito que todos puidemos desfrutar durante uns días dunha selección de historias do máis terroríficas enchendo o corredor principal.
Pero non é a única literatura coa que gozamos nestes días, xa que dende o equipo de dinamización da lingua galega, celebrouse un concurso de "Mini-contos de medo".
Os grandes escritores do Couceiro deixaron a todos sorprendidos co seu talento a hora de por a pel de galiña!!
Animámosvos a visitar a exposición cos mellores relatos!!

domingo, 3 de noviembre de 2013
Un curso máis as mochilas volven viaxar
Aproveitando o DÍA DAS BIBLIOTECAS, as MOCHILAS VIAXEIRAS comezaron a viaxar cara as
casas do alumnado de INFANTIL e PRIMARIA.
Unha mochila para cada unha das aulas destes niveis e, dentro, moita ilusión e fantasía. Cheas de libros, Cds, Dvds ...
Cada mochila contén información para as familias, normas, contidos e un CADERNO VIAXEIRO no que o alumnado poderá debuxar, facer comentarios ...
Por último, as familias tamén poderán realizar os comentarios e suxestións que consideren oportunas nun apartado dentro do caderno.
Lembrade, unha folla do caderno por nen@.
As mochilas sairán do colexio os venres e retornarán os xoves.

Ánimo e a
disfrutar LENDO!!!
sábado, 2 de noviembre de 2013
Miguelanxo Prado
Hoxe traemos á nosa páxina a MIGUELANXO PRADO a quen acaban de concedérlle o PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013. Miguelanxo (A Coruña 1958) gañou este prestixioso premio pola súa obra ARDALÉN. Foron tres anos de intenso traballo e o MINISTERIO DE CULTURA recoñece o labor, deste ilustrador e autor de banda deseñada, a través da memoria.
"Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha
parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo."

E esta fantástica noticia coincide co nacemento dunha nova revista de BANDA DESEÑADA. É OINK! a revista do XABARÍN CLUB que xa tedes á vosa disposición no revisteiro da biblioteca. Nesta revista colaboran o propio MIGUELANXO PRADO, KIKO DA SILVA, JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO (que estivo no CLUB DE LECTURA o curso pasado co seu libro MIL COUSAS PODEN PASAR) e moitísimos máis, o mellorciño da BANDA DESEÑADA galega. Parabéns a MIGUELANXO!!!
domingo, 27 de octubre de 2013
O Castañeiro de Abril
O acto que se celebrou na Casa da Cultura contou coa participación, ademais do escritor, de Antonio Seijas (ilustrador do libro), Gabriel Torrente (alcalde de Pontedeume) e de Manuel Bragado (director de Xerais).
O acto organizado polo CONCELLO DE PONTEDEUME, foi un acto entrañabe e coa sala chea de público que lle mostrou un merecido cariño e admiración a este xoven escritor EUMÉS.
Participou tamén o ilustrador Antonio Seijas que, pese á súa xuventunde, conta xa cun amplo camiño perecorrido no campo da ilustración e outras facetas artísticas.
Desde a nosa biblioteca sumános aos múltiples parabéns recibidos por Antonio e esperamos telos pronto, ambolosdous, no noso "XARDÍN DO PASATEMPO.
martes, 15 de octubre de 2013
Antía, Wamba e o regato pequeno
O pasado venres, o escenario do Couceiro encheuse de vida porque recibíu a visita da compañía "A tropa de trapo".
Esta actividade, organizada polo Concello, a puideron desfrutar os nenos do 2º ciclo de primaria de varios centros escolares: Escola Hogar de San José, Ceip de Andrade, e por suposto, o Couceiro.
O conto principal do espectáculo foi "Antía, Wamba e o regato pequeno", que conta a historía de dúas persoaxes, Antía, unha rapaza galega e Wamba, un mozo do Congo, que entre contos e merendas fundiránse nunha gran amizade.
Ademáis, os rapaces puideron desfrutar de dúas historias máis, amenizadas con música en directo que fixeron encantaron a todos os presentes.
Esperamos que todos desfrutárades do espectáculo e que poidamos contar con eles no centro noutras ocasións.

jueves, 3 de octubre de 2013
Premio Merlín 2013
Co comezo do curso non queremos, nen podemos, deixar escapar a boa nova do PREMIO MERLÍN deste ano.
A nosa felicitación a un gañador moi especial para nós, pois trátase do escritor eumés ANTONIO MANUEL FRAGA ALLEGUE e a súa obra O CASTAÑEIRO DE ABRIL.
Tamén deixar constancia da publicación por parte do novo selo editorial SUSHI BOOKS doutro libro de ANTONIO, o que leva por título XILDAS cuxo argumento trancurre nunha pequena vila cun río que desemboca no mar inspirada, como non, en PONTEDEUME e as vivencias da infancia do escritor en NOGUEIROSA.
Axiña poderemos ler as aventuras de Catuxa e a súa panda que atopan un trasno e ....
Este curso imos ler, comentar, compartir,... estes dous libros no CLUB DE LECTURA.
Agardamos verte axiña pola nosa biblioteca. Parabéns, Antonio...!!!

miércoles, 25 de septiembre de 2013
Parabéns Candela!!!
Desde a biblioteca, GÜINO e toda a comunidade educativa, queren felicitar a Candela Bedoya Piñeiro de 3º B, gañadora do concurso de RELATOS DE VERÁN que organiza o xornal LA VOZ DE GALICIA na modalidade de menores de quince anos.
Pinchando nas fotos, accederedes a información e fotos publicadas en LA VOZ DE GALICIA e ao relato premiado.
Desexamos que este premio anime a todo o alumnado a ler, a escribir,...a soñar,...
SALVAVIDAS, título do relato de CANDELA, narra a historia dun can que non para de ladrar á xente que está á sombra dunhas árbores na praia. O can, Salvavidas, consegue sacar ás persoas xusto antes de que as árbores caian e.....
Pinchando nas fotos, accederedes a información e fotos publicadas en LA VOZ DE GALICIA e ao relato premiado.
Desexamos que este premio anime a todo o alumnado a ler, a escribir,...a soñar,...
Parabéns CANDELA e,. ... disfruta do premio!!!
miércoles, 18 de septiembre de 2013
Benvidos ao novo curso!!
O verán xa da os seus derradeiros pasiños e no Couceiro comezamos coa actividade.
E tamén na nosa BiblioCouceiro.
A partires desta semana abre a súas portas, en horario lectivo, para novas historias e aventuras poidan atrapar aos lectores e lectoras do noso cole.
E que mellor maneira de empezar o curso que atopar o noso "Xardín do Pasatempo" na revista das Festas das Peras de Pontedeume, cun amplo reportaxe de María Fidalgo Casares.
Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós!!
Tal e como remata o artículo María Fidalgo, os nenos (e adultos) do Couceiro temos a sorte de contar con o mundo fantástico e imaxinativo que creou para nós Ito Mosquera, así que imos a disfrutalo un curso máis!!
Moi bo curso, boas aventuras, boas historias... Boas lecturas!!!

lunes, 24 de junio de 2013
As recomendacións de Güino para este verán
Güino e os seus colaboradores desexamos que pasades un verán estupendo, con tempo para xogar, descansar, ir a praia... e tamén para pasar un bo rato desfrutando dunha gran aventura a través dos libros.
Así que, como cada ano por estas datas, preparamos para vós con moito cariño está selección de libros e contos que recomendámos dende Xardín do Pasatempo:
Esperamos que as desfrutedes moito e que nos contedes as vosas impresións ou opinións. Gozade moito e vémonos en Setembro!!!

viernes, 21 de junio de 2013
Tastarabás
O pasado 23 de maio asistimos, na BIBLIOTECA MUNICIPAL de PONTEDEUME, á presentación do libro de ANTÓN CORTIZAS "TASTARABÁS", froito de dez anos de traballo deste escritor da nosa bisbarra e que tivemos a honra de ter varias veces no noso centro.
TASTARABÁS é unha enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Nesta obra, ANTÓN, ofrece a través de máis de mil páxinas e duas mil cincocentas fotografías, un extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradicional cultura lúdica.
Estamos seguros que esta fermosa obra contribuirá decididamente á recuperación do xogo tradicional.
Grazas e parabéns, ANTÓN!!!

domingo, 16 de junio de 2013
Querido Balbino
O pasado día 13 de xuño tivemos o privilexio de asistir a un ENCONTRO CON XOSÉ NEIRA VILAS con motivo da exposición QUERIDO BALBINO: 1961-2011 CINCUENTA ANOS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO que tivo lugar na CASA DA CULTURA de PONTEDEUME e que reuniu ao alumnado de SEXTO DE PRIMARIA e PRIMEIRO CICLO DA ESO de todos os centros do concello.
Foi un encontro entrañable cun dos GRANDES das nosas Letras, afortunadamente vivo, e que explicou ao alumnado todo o mundo de BALBINO, da sociedade galega da época, dos seus anos lonxe de GALICIA (Arxentina, Cuba,...) e das circunstancias desta exposición (artistas galegos actuais como Xaquín Marín, Siro López,...) que conmemora os cincuenta anos dunha obra imprescindible na cultura galega.
Finalmente as preguntas dos nen@s, que foron moitas e moi atinadas, encheron de vivencias e emocións o acto.
Sempre connosco, D. XOSÉ!!!

lunes, 20 de mayo de 2013
Letras Galegas 2013...
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS naceu no ano 1963,
hai xa cincuenta anos, co gallo da celebración do centenario da
publicación da primeira obra maestra coa que contou a
literatura galega contemporánea, CANTARES GALEGOS de
ROSALÍA DE CASTRO e que neste
mesmo curso celebramos o 150 aniversario.
Rosalía, Castelao, Curros
Enriquez,….Lois pereiro, Paz Andrade e
este ano ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
O alumnado de sexto, como todos os anos, preparou a presentación do dramaturgo, actor, director, …pioneiro do teatro profesional galego ROBERTO VIDAL BOLAÑO. A presentación consistiu nunha dramatización, moi orixinal e moi adecuada, na que se fixo un repaso á vida, actividades e obra da figura homenaxeada este ano para coñecela un pouquiño mellor.

Posteriormente deu comezo a fase final do V CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL" e a entrega de premios. Hai que dar os parabéns a tod@s polo esforzo e calidade dos traballos presentados. Grazas tamén ao bo facer do gaiteiro, das pandereteiras e do bombo que amenizaron os intermedios do certame coas súas interpretacións.
PREMIOS:
PRIMEIRO CICLO: Victoria Rodríguez 2º A (1º premio)
Sabela Dopico 1º A
Carlota Veiga 2ºB (finalistas)
SEGUNDO CICLO: Héctor Arias 1º B (1º premio)
Álvaro Crespo 3º A
Álvaro Allegue 4º (finalistas)
TERCEIRO CICLO: Sara Piñeiro 6º A (1º premio)
Daniel Arias 5º B
Sara Allegue 6º B (finalistas)
Por último foi interpretado o HIMNO GALEGO polo grupo de frautas do centro e rematou o acto con todos os asistentes cantando e bailando coa cantiga de Paco Nogueiras O MEU MUNDO É!!!

Visitounos Iago...
O alumnado do PRIMEIRO CICLO de primaria tivo a oportunidade de compartir un tempo de CONTACONTOS con IAGO que acudiu á nosa biblioteca a contarlles o conto titulado LINDA Á ESPREITA.
Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa. Cada día, Linda agachábase nun sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo...
O alumnado disfrutou e participou coas aventuras de LINDA e pasou un rato estupendo na nosa biblioteca... Grazas, IAGO!!!

lunes, 6 de mayo de 2013
Roberto Vidal Bolaño
Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS está adicado a ROBERTO VIDAL BOLAÑO, dramaturgo, actor, director,...pioneiro do teatro profesional galego. Hoxe traemos ao noso blog, como prólogo das vindeiras xornadas, esta presentación realizada por XOAQUÍN FREIXEIRO do Ceip Conde de Fenosa e, como todos os anos, os recursos do SEMINARIO GALÁN (premendo na imaxe) para coñecer o mundo de ROBERTO VIDAL BOLAÑO e acercarnos ao teatro galego. Ofrecémosvos tamén dúas cantigas de PACO NOGUEIRAS NODAR, a primeira leva por título ESPÍRITO VIDAL BOLAÑO adicada ao persoeiro homenaxeado este ano, e a segundo titulada MEU O MUNDO É!!! que nos invita a comunicarnos e a utilizar a nosa lingua. SEMPRE EN GALEGO!!!
O noso agradecemento por compartir estes estupendos recursos.
O noso agradecemento por compartir estes estupendos recursos.
domingo, 5 de mayo de 2013
Os Maios
Un ano máis, coincidindo co comezo do mes de maio, ten lugar no noso centro a celebración dunha das festas con máis arraigamento do ano, a celebración dos MAIOS.
A celebración desta festa comeza coa aportación das familias dos elementos ornamentais (verde, flores, laranxas,...) que van formar parte do maio. Posteriormenmte na realización (véspera do primeiro de maio) participan o alumnado, os pais/nais, o profesorado...
Catro son os maios elaborados, un por ciclo. Nos días previos os traballos nas diferentes aulas céntranse na elaboración das cantigas que acompañarán aos maios. Cantigas de maio que teñen unha letra orixinal (traballo do alumnado neste mes adicado á poesía) e a música pode ser orixinal ou adaptada de composicións populares.
Cando xa está todo rematado, celébrase un desfile no colexio coa interpretación das cantigas e que este ano tivo como colofón a posta en escea dun baile tradicional na nosa vila, a DANZA DO BIOUTEIRO, grazas aos ensaios da mestra xubilada Cristina Sarmiento.
A festa continúa coa participación, o 1 de maio, na vila xunto cou outras asociación e agrupacións na festa organizada polo concello, de gran tradición, na que este ano o noso centro acadou dous premios, un ao maio e outro á cantiga do TERCEIRO CICLO.
Parabéns a tod@s!!!

Open publication - Free publishing
viernes, 26 de abril de 2013
Día do Libro con...
... MUSICREQUES... Dentro das actividades do Día do libro, presentámoslle ao noso alumnado de E. Infantil e Primaria (1º e 2º ciclos) o espectáculo AS AVENTURAS DE QUEBRANOCES, representación con monicreques dunha adaptación do conto de HOFFMANN "QUEBRANOCES E O REI DOS RATOS" con música en directo da suite O QUEBRANOCES de TCHAIKOVSKY.
Loreto e Alma, compoñentes da recén creada ASOCIACIÓN MUSICAL "MUSICREQUES" presentaron un espectáculo completísimo combinando o teatro de monicreques, o audiovisual e a música en directo, pois ambalasdúas son prefesoras de piano no COSERVATORIO DE MÚSICA DE FERROL.
Aínda que o seu obxectivo fundamentar é o da promoción da música, debido á faceta profesional das compoñentes da ASOCIACIÓN, prantexan outros relacionados co fomento da lectura, da narración e da participación do alumnado que é moi activa ao longo da representación. Parabéns a MUSICREQUES polo traballo ben feito e moitos éxitos no futuro a esta nova ASOCIACIÓN MUSICAL... En definitiva, un gran día de música e contos...
(Premede co rato na seguinte imaxe para ver un video)
...JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO...
Un dos actos da celebración do DÍA DO LIBRO 2013 foi a visita ao CLUB DE LECTURA de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. Máis de CEN alumn@s do SEGUNDO e TERCEIRO CICLO de primaria participan este ano no CLUB, como sempre, de xeito totalmente voluntario.
Hoxe, chegou o momento tan agardado por tod@s, chegou o momento de preguntar, de compartir de aprender un pouco máis deste escritor/ilustrador. Chegou o momento de coñecer algo máis destas historias que limos, que comentamos, que descubrimos ao longo do segundo trimestre do curso e que nos axudaron a compartir, a rirnos, a emocionarnos xuntos...Foi unha xornada moi ben aproveitada, a presenza de JACOBO non defraudou a ninguén e tivemos respostas a uncha chea de preguntas, de curiosidades, de novos coñecementos sobre os libros, sobre as personaxes e sobre o traballo diario dun escritor-ilustrador e o tempo pasou axiña... que mágoa!!! ... pero no noso corazón queda a lembranza da súa presenza, de LINA, POUCO, HEDIÓN, PROPICIO, o gato KANDÁS,... as FORMIGAS, a XIRAFA, as SETE PRINCESAS... e das súas palabras cheas de motivación para a animación á lectura...dende agora poderemos proclamar aos catro ventos que ... MIL COUSAS PODEN PASAR... SE LES!!! Grazas, JACOBO e... ata a próxima!!!
...TEATRO...
Como o 27 de marzo, DÍA MUNDIAL DO TEATRO, coincidiu este ano en plenas vacación de Semana Santa, e no noso centro as representacións teatrais teñen longa tradición dende hai moitos anos, decidimos programar as representacións deste ano coincidindo co DÍA DO LI BRO. En definitiva libro/tatro, teatro/libro foron, van e irán sempre da man.
Tres foron as obras representadas (preme nas fotos para ver os videos):
O alumnado de 4º:
"A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA"
O alumnado de 5ºB:
"O ESPANTALLO QUE NON QUERÍA SER ESPANTALLO"
O alumnado de 6ºA: "FARSA E XUSTIZA DO COMENDADOR"
Parabéns a todas e a todos polo esforzo realizado, interpretacións, decorados, vestiario...TODO XENIAL!!!
lunes, 22 de abril de 2013
Día do Libro 2013...
Un ano máis celebramos, como se merece, esta data tan importante no calendario da nosa BIBLIOTECA.
Contaremos con dúas actividades centrais. A primeira e a visita de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO, escritor e ilustrador do que traballamos ao longo do segundo trimestre os libros MIL COUSAS PODEN PASAR e A PEDRA E AS FORMIGAS no CLUB DE LECTURA.
A segunda actividade é a representación de varias obras de teatro a cargo do alumnado dos cursos 4º, 5º B e 6º A de PRIMARIA, xa que a data do DÍA MUNDIAL DO TEATRO coincidiu en plenas vacacións de Semana Santa...e o teatro sempre ocupou un lugar preferente nas actividades do centro e este ano non podía quedar en branco...faltaría máis...!!!