CLUB DE LECTURA
▼
martes, 26 de noviembre de 2013
Acuario
O pasado venres,22 de novembro, María Canosa presentou o seu poemario dramatizado "ACUARIO".
Ao acto que tivo lugar na Casa da Cultura de Pontedeume, asistiu o alumnado do PRIMEIRO CICLO do noso centro.
Pasárono en grande cos diferentes persoeiros dos fondos mariños que foron desfilando polo escenario. Na representación participaron, a propia María Canosa e o grupo de teatro dos Ghazafellos.
Os peixes, como habitantes do mar; troitas, sollas, polbos,robalizas, ...; tiveron o seu protagonismo.
Entre todas as especies hai un fío condutor, que é vivir no seu medio e interactuar cos elementos que se atopan de distinto xeito dende a area ata un barco pirata que hai afundido, ao mesmo tempo que tamén se van vendo as súas diferentes personalidades.
Parabéns pola representación, a organización,... e a mensaxe!!!
miércoles, 6 de noviembre de 2013
Xa está aquí....Astérix e os Pictos!!!
Efectivamente, xa chegou aos andeis da nosa biblioteca unha nova aventura de ASTÉRIX...Despois de cincuenta e catro anos chega o tomo número 35 (décimo publicado en galego) e toman o relevo un novo escritor, Jean-Ives FERRI e un novo debuxante, Didier CONRAD que sustituen a Albert UDERZO que traballou en solitario ata o álbum conmemorativo dos 50 anos desde o falecemento (1977) do guionista e escritor René GOSCINNY. Gozade coas aventuras de ASTÉRIX o heroe destas aventuras, con OBÉLIX o seu inseparable amigo e de profesión repartidor de menhires...e, non está gordo, non...!!!
Os Pictos? Así é, os Pictos! Estes pobos da antiga Escocia, valentes guerreiros de varios clans, cuxo nome, adxudicado polos romanos, significa literalmente "os homes pintados".
martes, 5 de noviembre de 2013
Celebramos o Samaín 2013!!
Este ano, como xa ven sendo tradición, o noso cole encheuse de cabazas, morcegos, pantasmas... e demáis seres terroríficos para celebrar a festa do Samaín.
Dende Bibliocouceiro preparamos unha exposición de contos e libros de medo, de xeito que todos puidemos desfrutar durante uns días dunha selección de historias do máis terroríficas enchendo o corredor principal.
Pero non é a única literatura coa que gozamos nestes días, xa que dende o equipo de dinamización da lingua galega, celebrouse un concurso de "Mini-contos de medo".
Os grandes escritores do Couceiro deixaron a todos sorprendidos co seu talento a hora de por a pel de galiña!!
Animámosvos a visitar a exposición cos mellores relatos!!

domingo, 3 de noviembre de 2013
Un curso máis as mochilas volven viaxar
Aproveitando o DÍA DAS BIBLIOTECAS, as MOCHILAS VIAXEIRAS comezaron a viaxar cara as
casas do alumnado de INFANTIL e PRIMARIA.
Unha mochila para cada unha das aulas destes niveis e, dentro, moita ilusión e fantasía. Cheas de libros, Cds, Dvds ...
Cada mochila contén información para as familias, normas, contidos e un CADERNO VIAXEIRO no que o alumnado poderá debuxar, facer comentarios ...
Por último, as familias tamén poderán realizar os comentarios e suxestións que consideren oportunas nun apartado dentro do caderno.
Lembrade, unha folla do caderno por nen@.
As mochilas sairán do colexio os venres e retornarán os xoves.

Ánimo e a
disfrutar LENDO!!!
sábado, 2 de noviembre de 2013
Miguelanxo Prado
Hoxe traemos á nosa páxina a MIGUELANXO PRADO a quen acaban de concedérlle o PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013. Miguelanxo (A Coruña 1958) gañou este prestixioso premio pola súa obra ARDALÉN. Foron tres anos de intenso traballo e o MINISTERIO DE CULTURA recoñece o labor, deste ilustrador e autor de banda deseñada, a través da memoria.
"Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha
parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo."

E esta fantástica noticia coincide co nacemento dunha nova revista de BANDA DESEÑADA. É OINK! a revista do XABARÍN CLUB que xa tedes á vosa disposición no revisteiro da biblioteca. Nesta revista colaboran o propio MIGUELANXO PRADO, KIKO DA SILVA, JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO (que estivo no CLUB DE LECTURA o curso pasado co seu libro MIL COUSAS PODEN PASAR) e moitísimos máis, o mellorciño da BANDA DESEÑADA galega. Parabéns a MIGUELANXO!!!