O pasado venres, 25 de outubro, tivo lugar a presentación do libro O CASTAÑEIRO DE ABRIL do escritor EUMÉSANTONIO MANUEL FRAGA,PREMIO MERLÍN 2013. O acto que se celebrou na Casa da Cultura contou coa participación, ademais do escritor, de Antonio Seijas (ilustrador do libro), Gabriel Torrente (alcalde de Pontedeume) e de Manuel Bragado (director de Xerais).
Oacto organizado polo CONCELLO DE PONTEDEUME, foi un acto entrañabe e coa sala chea de público que lle mostrou un merecido cariño e admiración a este xoven escritor EUMÉS. Participou tamén o ilustrador Antonio Seijas que, pese á súa xuventunde, conta xa cun amplo camiño perecorrido no campo da ilustración e outras facetas artísticas. Desde a nosa biblioteca sumános aos múltiples parabéns recibidos por Antonio e esperamos telos pronto, ambolosdous, no noso "XARDÍN DO PASATEMPO.
O pasado venres, o escenario do Couceiro encheuse de vida porque recibíu a visita da compañía "A tropa de trapo". Esta actividade, organizada polo Concello, a puideron desfrutar os nenos do 2º ciclo de primaria de varios centros escolares: Escola Hogar de San José, Ceip de Andrade, e por suposto, o Couceiro. O conto principal do espectáculo foi "Antía, Wamba e o regato pequeno", queconta a historía de dúas persoaxes, Antía, unha rapaza galega e Wamba, un mozo do Congo, que entre contos e merendas fundiránse nunha gran amizade. Ademáis, os rapaces puideron desfrutar de dúas historias máis, amenizadas con música en directo que fixeron encantaron a todos os presentes.
Co comezo do curso non queremos, nen podemos, deixar escapar a boa nova do PREMIO MERLÍN deste ano. A nosa felicitación a un gañador moi especial para nós, pois trátase do escritor eumés ANTONIO MANUEL FRAGA ALLEGUE e a súa obra O CASTAÑEIRO DE ABRIL. Tamén deixar constancia da publicación por parte do novo selo editorial SUSHI BOOKS doutro libro de ANTONIO, o que leva por títuloXILDAS cuxo argumento trancurre nunha pequena vila cun río que desemboca no mar inspirada, como non, enPONTEDEUMEe as vivencias da infancia do escritor en NOGUEIROSA. Axiña poderemos ler as aventuras de Catuxa e a súa panda que atopan un trasno e .... Este curso imos ler, comentar, compartir,... estes dous libros no CLUB DE LECTURA. Agardamos verte axiña pola nosa biblioteca. Parabéns, Antonio...!!!