CLUB DE LECTURA

lunes, 26 de marzo de 2012

Día da Poesía

O día 21 de marzo celebramos no noso centro o DÍA MUNDIAL DA POESÍA. Participaron todos os alumn@s do colexio e cada aula escolleu unha poesía para recitar, para representar, para cantar, para danzar,... . Polo escenario desfilaron as voces das nenas e nenos poñéndolle son e musicalidade a moitos versos e rendíndolle unha homenaxe aos poetas, ao mellor da literatura infantil e xuvenil galega. Foi un acto moi entrañable que quedou recollido no lema que presidiu o acto... "OLA POESÍA. BENVIDA PRIMAVERA"

martes, 13 de marzo de 2012

Día Internacional da Muller Traballadora

O xoves, 8 de marzo, celebramos o DÍA MUNDIAL DA MULLER TRABALLADORA. O concello de Pontedeume fixo unha proposta aos centros de INFANTIL E PRIMARIA  e cada colexio elaborou un traballo sobre unha muller que tivese relevancia na loita pola defensa da IGUALDADE ao longo da historia. O propio concello elaborou unha lista de persoeiros femininos da que o noso centro seleccionou a figura de Dna. EMILIA PARDO BAZÁN. Este traballo, xunto aos dos outros centros, quedou exposto na CASA DA CULTURA e formará parte dunha  exposición itinerante que recorrerá os catro centros participantes. Foi un traballo de investigación e recopilación de información e elaboración dos paneis por parte do alumnado do TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA recollendo catro aspectos fundamentais desta escritora: biografía, contexto histórico, feminismo e obra-citas-crítica. Os actos remataron cunha conferencia/coloquio co alumnado a cargo de Roxana Bolio Monge e coa temática da igualdade como fondo.

domingo, 11 de marzo de 2012

Visitounos Gonzalo Moure...

 O pasado 8 de marzo estivo connosco GONZALO MOURE,  escritor de literatura infantil e xuvenil con residencia en Asturias pero cidadán do mundo. Pasa longas temporadas no Sahara,  nos campamentos de refuxiados,  colaborando no proxecto BUBISHER e en temas relacionadas co fomento da lectura traballando con nen@s e xóvenes aos que lles inculca o amor e respecto hacia os libros. 


Como escritor é autor de numerosísimas obras como PALABRAS DE CARAMELO, CAMA E CONTO, MAÍTO PANDURO, NACHO CHICHONES, LOS GIGANTES DE LA LUNA... 


É o promotor do proxecto COÑECERNOS PARA QUERERNOS que as BIBLIOTECAS ESCOLARES DE FERROLTERRA realizan ao longo deste curso no entorno das comunidades educativas dos seus centros, realizando un intercambio de materias e que ten ao BUBISHER  como referencia e motivación.


No noso centro realizouse un encontro, primeiro co alumnado do CLUB DE LECTURA que leran o libro PALABRAS DE CARAMELO. Foi un encontro cheo de emocións e sensacións inesquecibles. Posteriormente reuníuse co alumnado do SEGUNDO CICLO de primaria para falar do libro CAMA E CONTO que traballaron nas aulas respectivas durante a HORA DE LER. En ambalasdúas reunións a comunicación, as reflexións e o achegamento ao pobo saharaui foron as notas predominantes. 


Grazas GONZALO!!!