Xa está aquí o Nadal, tempo de panxoliñas, adornos, festas, e as recomendacións de Güino!
Un ano máis todo o equipo recolleu as novidades máis interesantes, orixinais, amenas e máis axeitadas para os pequenos da casa, e tamén para os non tan pequenos, xa que esperamos que as desfrutedes en familia.
Premede sobre a imaxe das frechas (esquina inferior dereita) para ver mellor o documento.
Aproveitamos para desexarvos un bo Nadal, unha feliz entrada no ano 2012, e boas lecturas!!!
CLUB DE LECTURA
▼
lunes, 19 de diciembre de 2011
domingo, 18 de diciembre de 2011
Man a man facemos Bubisher
En anteriores entradas xa falámosvos sobre o Bubisher, pero pensamos que a mellor maneira de entender o proxecto e velo dende dentro. Por eso deixámosvos aquí unha reportaxe sobre o Bubisher feito en Smara por os nenos e nenas do clube de lectura de Farsía.
sábado, 10 de diciembre de 2011
Día dos Dereitos Humanos...
63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
jueves, 8 de diciembre de 2011
Bubisher...
Que é isto do BUBISHER?...O BUBISHER é un paxaro que aniña e cría despois das choivas. Isto vai ter un significado especial para todas as xentes do SAHARA, nacerá e medrará a herba. Por iso BUBISHER significa PAXARO DA BOA SORTE.
O proxecto BUBISHER é un ambicioso proxecto. De momento está formado por dous bibliobuses que se moven polo deserto, dun campamento a outreo, cheos de libros, para que os nenos e nenas do SAHARA poidan ler, aprender e disfrutar coa lectura. Para que isto poida ser unha realidade, moitas personas; escritores, persoeiros, políticos,entidades de todo tipo,... e nen@s de moitos lugares colaboran, uns desde o mesmo deserto participando directamente e outros desde os seus lugares de orixen, aportando libros e dotacións económicas que fan viable este proxecto.
Baixo o lema "COÑECERNOS PARA QUERERNOS" un grupo de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE FERROLTERRA, entre as que está a nosa, e coordinados polo escritor GONZALO MOURE, estamos unidos para colaborar coas escolas dos campamentos de refuxiados saharauis. Nos vindeiros días imos enviarlles desde o noso colexio diverso material escolar solicitado, un ÁLBUM ILUSTRADO (mándase un por cada colexio participante,... en Galicia xa somos moitos) . O álbum que enviaremos leva por título NUEVOS COLORES do escritor FRAN NUÑO e irá acompañado dunha presentación do noso colexio realizado fundamentalmente desde o CLUB DE LECTURA. No segundo trimestre colaborará máis alumnado do centro pois elaboraremos un traballo para enviarlles sobre as FESTAS TRADICIONAIS E POPULARES EN PONTEDEUME..., e algunha sorpresa máis...
GÜINO recoméndavos que lles botedes un vistazo aos seguintes vídeos para coñecer un pouco máis do BUBISHER e das xentes do SAHARA. Tamén podedes atopar máis información escribindo BUBISHER no GOOGLE.