A elección do día 23 de abril como día do libro e do dereito de autor, procede da coincidencia do pasamento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616. No noso centro celebrámolo por media da BUSCA DO LIBRO. O GRUPO DE TRABALLO do profesorado do centro que está a realizar un curso de formación relacionado coas COMPETENCIAS, preparou unha TAREFA para este día. A cada grupo preparóuselle un grupo de probas (localizacións bibliográficas, preguntas sobre os carteis colgados nos corredores, de lóxica, sopas de letras, encrucillados,...) contidas nun sobre que GÜINO encargouse de repartir. O alumnado, unha vez superadas as probas, podía completar unha frase que lles serviría para a localización dun libro da biblioteca que atoparían nun punto concreto dentro das dependencias do recinto escolar. Foi unha xornada, divertida, chea de ilusión bo humor e esforzo por parte do alumnado. Posteriormente, na hora de ler, os titores en cada curso, presentaron o libro que permanecerá na biblioteca de aula para uso do alumnado ata o remate do curso. Participou todo o alumnado do centro e os resultados acadados foron moi, moi satisfactorios para alumnado e profesorado.
CLUB DE LECTURA
▼
domingo, 25 de abril de 2010
martes, 13 de abril de 2010
Día Mundial do Teatro
Cada 27 de marzo, desde 1961, celébrase en máis de 100 países o DÍA MUNDIAL DO TEATRO. Esta data foi elexida pola ITI (Instituto Internacional do Teatro asociado á UNESCO) para lembrar ás xentes da arte escénica.
O ENL do noso centro preparou unha serie de actividades para conmemorar esta data. O día 24 todo o colexio asistiu a dúas representacións do alumnado de terceiro. Os de 3ºA respresentaron O RATO QUE COMÍA GATOS e os de 3ºB A AULA DE TÓCAME-ROQUE. Parabéns polos momentos tan agradables e divertidos que nos fixéchedes pasar. O día 25 a compañía TRES GLOBLOS repesentou, para o alumnado de Infantil, a obra con monicreque PEDRO E O LOBO, vai rato pasaron os máis pequenos! Había que ver aquelas caras cheas de ilusión e ledicia!
Finalmente, o venres 26, a compañía CASA HAMLET representou, para o alumnado de primaria, RATIÑA LINDA DE COMPOSTELA. Os "maiores" do colexio disfrutaron coma ananos coas picardías da ratiña...
En fin, unhas xornadas moi emotivas co teatro como eixo central.
lunes, 12 de abril de 2010
Tres poetas
Con este título celebramos o DÍA MUNDIAL DA POESÍA que, coma todos os anos, celebramos cada 21 de marzo. Centrámonos este ano en lembrar a tres poetas que por diversas razóns están de actualidade. A primeira e ROSALÍA DE CASTRO, pois este ano 2010 conmemórase o 125 aniversario do seu pasamento. O segundo e MIGUEL HERNÁNDEZ do que lembramos o centenario do seu nacemento e, por último UXÍO NOVONEYRA, o poeta do Courel, a quen este ano se lle dedica O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Na conmemoración, o alumnado do centro recitou varios poemas intercalados con vídeos de poemas musicados por Amancio Prada, Serrat e Alberto Cortez, e Emilio Cao.
Encontro co escritor Xoán García
"Faragulliña" é un conto infantil escrito en verso, que narra unha doce historia na que a familia, a amizade e o amor, son o fío conductor. Nel tamén se fai un eloxio ao pan e aos seus derivados, alimentos procedentes de productos naturais aconsellables para unha alimentación equilibrada e san. O seu autor, XOAN GARCÍA natural de Barallobre, estivo o pasado 19 de marzo connosco, concretamente co alumnado do SEGUNDO CICLO de primaria do centro que previamente estivera traballando durante moitos días a súa obra, facendo murais sobre a súa biografía e sobre as aventuras de FARAGULLIÑA. Foi un encontro moi agradable no que o escritor respondeu a todas as curiosidades dos nenos e nenas.
FARAGULLIÑA trátase dun volume especialmente adicado aos nenos e nenas e protagonizado polo pan de Neda. Máis que un conto, é un canto á vida, ao amor á amizade. Pero tamén un chamamento aos pais para que recuperen para os seus fillos os productos naturais.A historia céntrase en Faragulliña, umha miga de pan doce e intelixente que convide ao pé da Fervenza do Belelle nun muíño restaurado. Boliña de Ovos e Molete de Pan son os seus dous compañeiros de aventuras. Viaxan xuntos polo mundo: á Praia de Cabanas, á Feira do Trrece,... Coñecen moita xente: á Bica de Ourense, á Proia de Pontedeume, ao Polbo de Mugardos, ao Requeixo de A Capela,...E na súa andadura chegan a París onde fan amizade coa parella Croissant e Baguette...
Pero non acabou todo aí. Xoán tróuxonos unha sorpresa... A FARAGULLIÑA EN PERSOA!!! Que ledicia o rato que pasamos. GRACIÑAS XOAN, E ATA CANDO QUEIRAS!!! CANDO VOLVAS TRAENOS UN MOLETE!!!

Se queredes ler FARAGULLIÑA, atoparédelo na nosa biblioteca no SEGUNDO CICLO - GALEGO.