Hoxe, 29 de maio, tivo lugar nos XARDÍNS DE LOMBARDERO un acto promovido polo concello e organizado pola BIBLIOTECA MUNICIPAL para recordar a RAMIRO FONTE , poeta e escritor EUMÉS falecido hai poucos meses. Ao acto asistiron escolares dos distintos centros educativos de primaria da Vila e, representando ao noso colexio, asistiu o alumnado de 5ºB que recitaron tres poesías do libro XARDÍN DO PASATEMPO. O acto foi moi emotivo e, ao rematar. ALEXANDRE CAÍNZOS expresou o desexo de
que se lle dedique un DÍA DAS LETRAS GALEGAS nos vindeiros anos, desexo ao que nos sumamos dende o noso centro.
que se lle dedique un DÍA DAS LETRAS GALEGAS nos vindeiros anos, desexo ao que nos sumamos dende o noso centro.

















